Acordo unánime, á iniciativa do BNG, contra a deslocalización das empresas auxiliares de automoción

A deputada do BNG, Carme Adán defendeu unha proposición non de lei instando á Xunta a demandar medidas ante o Goberno central contra o proceso de deslocalización e perda e postos de traballo das empresa de automoción en Galiza

Intervención da deputada do BNG, Carme Adán

A parlamentaria do BNG, Carme Adán amosou hoxe a súa satisfacción ante o acordo unánime, a iniciativa do BNG, acadado na Comisión de Industria polo que a Xunta iniciará xestións ante o goberno central para impulsar medidas contra o proceso de deslocalización e perda de postos de traballo nas empresas auxiliares do sector da automoción en Galiza.

Texto definitivo que inclúe unha emenda do Partido popular á proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Carme Adán: “ O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover novas accións conxuntas de colaboración entre as administracións públicas, os centros tecnolóxicos e de coñecemento e asociacións representativas de empresas da automoción para fixar tecido industrial no sector de Galicia e evitar desprazamentos a outras áreas xeográficas habilitando os apoios adecuados en -innovación, emprendemento industrial, internacionalización- para que as empresa melloren a súa competividade, tanto no ámbito local como no ámbito global, e segan a crear riqueza e emprego en Galicia con vocación de futuro".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG