O BNG pide máis persoal para o servizo oncolóxico de Santiago e retirar o programa SILICOM

A deputada do BNG, Montse Prado defendeu unha proposición non de lei para que @s doentes reprogramadas en consultas e revisións oncolóxicas volvan a contar coas citas iniciais. Ademais, a parlamentaria tamén reclamou aumentar profesionais neste servizo e retirar o programa informático SILICOM polas súas deficiencias. A parlamentaria cualificou de "eletoralista" a inxección de cinco millóns de euros para rebaixar as listas de espera en plena campaña electoral.

Montse Prado

A parlamentaria do BNG, Montse Prado reclamou hoxe, a través dunha proposición non de lei, instar ao goberno a iniciar as xestións necesarias para que @s doentes oncolóxicas da EOXI de Compostela reprogramadas en consultas e revisións volvan a ter as datas inicialmente previstas. Ademais, no texto defendido pola nacionalista tamén solicitaba incrementar o número de profesionais no servizo de oncoloxía e retirar o programa informático SILICOM polos problemas que está a crear.

 O PP primeiro nega os feitos e despois “pon un parche”

Pola súa parte, o portavoz popular Núñez Centeno asegurou que non existen problemas de citas oncolóxicas porque xa están sendo reprogramadas e acusou a oposición de crear unha alarma ficticia. A parlamentaria do BNG replicou ao portavoz popular que ante a magnitude dun problema como retrasar “un ano” as consultas vostedes reaccionan, primeiro “negando os feitos” despois recoñecendo a situación, logo “poñendo un parche” e finalmente, “acusan á oposición de apocalíptica”. A nacionalista recalcou que unha vez máis, o PP “bota balóns fora” e preguntou se o problema no retraso das citas estaría solucionado se o BNG non trouxera a denuncia ao Parlamento.

As reprogramacións, dixo, facíanse dende había meses e non se fixo nada “ata que o BNG o fixo público” mesmo con datas de doentes nos medios de comunicación. Nese momento, engadiu, o Partido popular reacciona “habilitando consultas pola tarde para atender aos doentes reprogramados para o ano 2017”.

Intervención da deputada do BNG, Montse Prado

Por outra parte, Montse Prado destacou que no servizo de oncoloxía os profesionais son excelentes pero o PP leva anos obrigándoos a “traballar ao límite” e sen recursos necesarios polo que reclamou “ampliar a plantilla” e dotar de medios os servizo.

O problema, engadiu, non se resolve cunha “inxección de cinco millóns de euros, en plena campaña electoral, para rebaixar as listas de espera”.

A parlamentaria lamentou que o PP non dote de máis medios o servizo de oncoloxía e non estea disposto a cambiar un sistema informático que está a crear graves problemas que inciden moi negativamente no labor do persoal porque require “o dobre de tempo na prescrición”. O PP é incapaz de rectificar, concluíu.

A proposición non de lei nacionalista foi rexeitada polo Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG