O BNG acusa ao PP de gastar fondos públicos en publicidade e propaganda no seu proveito político

A deputada do BNG, Tereixa Paz instou ao goberno a eliminar “todos os gastos” de publicidade e propaganda dos distintos organismos e entidades do sector público que “non sexan obrigatorios pola normativa de contratación ou procesos públicos que así o requiran"

Tereixa Paz na defensa da Proposición non de lei

O PP anunciou o seu voto en contra á iniciativa defendida pola deputada do BNG, Tereixa Paz destinada a eliminar os gastos de publicidade e propaganda do sector público que “non sexan obrigatorios pola normativa de contratación ou procesos públicos que a así o requiran”.

 Tras a intervención do portavoz popular, Miguel Tellado que anunciou que o PP votaría en contra da iniciativa argumentando que o goberno galego non utilizaba ningún euro de cartos públicos para publicitar logros do goberno, a nacionalista replicou que alguén lle explique se non foi sufragada con fundos públicos “a campaña Impostos cero no rural” desenvolvida durante o mes de setembro do ano pasado en período electoral cando aínda non estaba aprobada a Lei de acompañamento e Orzamentos no Parlamento e que non supuña ningún cambio substancial cos tributos que se modificaban nesa lei. Que alguén me explique, reiterou Tereixa Paz, se esa campaña era “propaganda ou información institucional”. Por outro lado, preguntou cando pensa o Goberno galego facer unha campaña para informar “do catastrazo” no rural e do golpe que lles van meter no peto. Deberían informalos das novas medidas nesta materia para que polo menos, “non sexan sancionados”.

 A Axencia Galega de Turismo se autopublicita

A Axencia galega de Turismo, engadiu, só nos últimos dous meses adxudicou, “por procedementos negociados e sen publicidade” máis de seis millóns de euros, “ula a transparencia” da que tanto presume o PP, preguntou a nacionalista. Na campaña para as pontes de Maio, 439.000 euros, só en medios de comunicación galegos, “bonita forma de captar turismo estranxeiro” pero é que na campaña de Semana da Santa, explicou Tereixa Paz, gastaron 450.000 euros e resulta curioso que mesmo chegou a contratar por 125.000 euros unha campaña da “actividade específica da propia Axencia” non vaia ser, ironizou, “que non saibamos o que fai a directora da Axenda galega de Turismo”.

Intervención de Tereixa Paz no pleno do Parlamento

A parlamentaria replicou a Tellado que o PP delátase cando a Xunta, no remate do ano 2015, gastou 70.000 euros na elaboración dun inquerito e un informe sobre “a afectividade das campañas publicitarias da propia Xunta de Galiza”. En opinión da deputada, ese informe só responde á intención de coñecer se as campañas aportan algún “rédito político ao seu partido”.

Cos datos que temos e cos que non temos, afirmou, non me estraña que vostedes non queiran aprobar esta iniciativa porque prefiren continuar nese “sistema perverso de gastar todos os cartos que necesiten para comprar todas as vontades que precisen”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG