Adán: “ Feijóo quere remendar a anterior Consellería de Benestar coa nova Axenda Social"

A deputada afirmou que as dúas lexislaturas do Goberno Feijóo significaron a paralización da Lei Dependencia, o desmantelamento dos equipos de Inclusión das cidades e a redución do 70% de fondos para o Plan concertado eliminando horas de axuda ao fogar. Para a nacionalista, a Nova Axenda Social do PP responde a intención de Feijóo de “remendar” a anterior Consellería de Benestar ante a proximidade das eleccións.

Intervención da deputada do BNG, Carme Adán

Trala comparecencia do conselleiro de Política social, José Manuel Rey Varela para informar da nova Axenda social, a parlamentaria do BNG, Carme Adán manifestou que as medidas recollidas no texto para resolver os problemas de vivenda “son insuficientes” así como as destinadas contra a pobreza enerxética e infantil.

Na súa intervención, a nacionalista afirmou que as dúas lexislaturas do Goberno Feijóo significaron a paralización da Lei Dependencia, o desmantelamento dos equipos de Inclusión das cidades e a redución do 70% de fondos para o Plan concertado eliminando horas de axuda ao fogar. Carme Adán afirmou que a Nova Axenda Social do PP responde a intención de Feijóo de “remendar” a anterior Consellería de Benestar ante a proximidade das eleccións.

A deputada, despois de denunciar a privatización dos centros públicos de maiores e de día, “arrastrada durante anos” e da elaboración dunha Lei de Inclusión social “escasa no deseño da RISGA e dos complementos referidos á pobreza enerxética e vivenda” preguntou cál será o modelo de colaboración cos concellos e o Consorcio de Igualdade e Benestar ou se será a Axencia de Benestar a que xestione a nova Axenda Social.

Carme Adán

Cando analizamos a nova axenda, manifestou a parlamentaria do BNG, botamos en falta indicadores de pobreza e inclusión sobre os que hai que incidir e atopamos só unha descrición de diversos programas dos que moitos xa están en funcionamento nas diferentes administracións. A presentación desta nova Axenda social para o 2017, a piques de rematar a lexislatura, recalcou Adán, máis ben parece un encargo que lle fixeron a vostede para “remendar” a consellería de Benestar.

A parlamentaria concluíu aludindo ás 630.000 persoas en risco de pobreza e puxo en dúbida que se poidan beneficiar das medidas presentadas hoxe polo conselleiro Rey Varela polo que propuxo “medidas efectivas contra os cortes de subministro enerxético e contra a pobreza infantil e laboral”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG