O BNG leva ao Parlamento a perda de produción do banco das Pías de Ferrol

O deputado do BNG, Daniel Rodas tamén preguntou polo remate do Saneamento Integral da Ría de Ferrol e polo plan para mellorar a calidade das augas

Daniel Rodas na comisión de Pesca

Tras a resposta da directora xeral de Desenvolvemento marítimo que afirmou que a situación da ría de Ferrol é a mesma que a do resto das rías, o deputado do BNG, Daniel Rodas negou tal circunstancia baseándose na distribución das celas que diferencian ás Pías externas e as Pías internas, a primeira, explicou o nacionalista, ten clasificación B e C dependendo da época do ano e a segunda clasificación C e están separadas por unha liña imaxinaria entre a escollera da gasolinera e a escollera de Navantia. Si alguén está traballando en zona B ou C ten que haber algunha persoa nas proximidades para determinar que non se produza ningunha irregularidade.

Rodas achacou as deficiencias na Ría de Ferrol á Xunta de Galiza polos altos índices de contaminación microbiolóxica. Por outra parte, o nacionalista asegurou que o banco da Pías en Zona C e cunha clasificación e un “control cuestionable” tamén é responsabilidade da Xunta.

Intervención de Daniel Rodas na comisión de Pesca

Na súa intervención, Rodas criticou o cambio de modelos de xestión dos bancos marisqueiros no ano 2011, pasando dun plan de dinamización que permitía a limpeza e extracción de mexillón e cambios de moluscos de Zona C a B co descanso dos bancos, por outro modelo que clasificaba unha Zona B en A para desenvolver as bateas de depuración cargando ata o 10% as perdas dos pósitos, devala o marisco e esgota os bancos ao permanecer abertos todo o ano.

 O deputado referiuse tamén a unha iniciativa defendida polo BNG e que o PP votou a favor sobre a esixencia de prazos para o remate do Saneamento Integral da ría de Ferrol e o compromiso dun plan de rexeneración como contemplaba o plan de dinamización marisqueira 2007-2011, pero tras a aprobación da iniciativa do BNG, fomos informados do traslado do patrón maior, secretario, biólogo e transportista da confraría acusados de desfalco, falsificación documental, delito contra saúde e a facenda pública, “denuncia da que nada se sabe a día de hoxe”.

O deputado concluíu criticando o cambio de modelo por outro que produce o esgotamento dos bancos e provocando a extracción de marisco de “dubidosa garantía”. Sempre é máis fácil, recalcou, cargar coas culpas aos máis débiles en troques de esixir responsabilidades a quen exerce as competencias en clara alusión aos responsables da Consellería do Mar.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG