Cosme Pombo: “ Política Lingüsística trata de estranxeiro o noso idioma na nosa patria"

O deputado do BNG, Cosme Pombo cuestionou os plans de dinamización da lingua galega presentados polo secretario xeral de Política Lingüística cando en realidade, dixo, “a Xunta leva vinte anos incumprindo a Carta europea das Linguas”

Cosme Pombo

Trala comparecencia do secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García para informar das accións para dinamizar a lingua galega, o deputado do BNG, Cosme Pombo afirmou que Xunta de Galia leva 20 anos “incumprindo a Carta europea das Linguas asinada por 31 países” e 20 anos nos que dende a secretaria Xeral de Política Lingüística se está a tratar de “estranxeiro o noso idioma na nosa patria”.

O parlamentario asegurou que grazas as mobilizacións cidadáns “non desaparece o noso idioma” porque as políticas do goberno son contrarias a súa pervivencia, vostedes enterraron o Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento galego no ano 2004 con 450 medidas consensuadas.

O nacionalista aludiu ao “incumprimento”, por parte da Xunta, das recomendacións do informe da Comisión europea. Neste sentido, recalcou que o galego se está a reducir no ensino, “só o 20% do ensino universitario desenvolvese no noso idioma” e só o 3% dos centros infantís das cidades imparten galego. A Carta europea defende que o modelo educativo do ensino debera ser esencialmente en Galego pero a Xunta respondeu “cun decretazo plurilingüe” orientado a unha menor presenza do noso idioma no ensino.

Cosme Pombo na Comisión de Sanidade

O informe tamén recomenda un maior uso do galego na administración, na xustiza e nos medios de comunicación privados. O único país, explicou o nacionalista, con dúas linguas románicas coa maior puxanza de Europa, resulta que a política lingüística do Goberno galego na práctica, “reduce a presenza do galego”.

Menos rezar e máis impulso para o galego

O parlamentario pediu ao titular de Política Lingüística menos propaganda e máis “acción, normalización e proacción” a favor do noso idioma. Cosme Pombo preguntou a Valentín García se vai “desenterrar o Plan de Normalización Lingüística, derogar o decreto do plurilingüísmo e se vai facer algo para estender o portugués no ensino como reclama a ILP Paz Andrade”.

Finalmente, o parlamentario lembrou que o bipartito destinou 19,8 M€ fronte os 6,7 que emprega o PP polo que pediu “rezar menos” e o que empregan para relixión, 27M€ sexa empregado para impulsar o galego, con iso confórmome, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG