Jorquera a Feijóo: "Non se agoche detrás dos profesionais, asuma a súas responsabilidades"

Francico Jorquera  pediu a Núñez Feijóo que asuma responsabilidades ante a denuncia da Fiscalía contra dous altos cargos da Xunta por dilación no subministro de fármacos a doentes afectados de hepatite C, con resultado de morte.

Jorquera formula a pregunta a Feijóo

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera preguntou hoxe ao Presidente da Xunta se vai asumir “responsabilidades” pola denuncia que atribúe a dous altos cargos do seu goberno un delito de homicidio imprudente e outro por prevaricación con resultado de morte.

Un paciente no Hospital de Santiago, explicou o deputado, “esperou máis de catro meses por uns fármacos que os seus médicos consideraban imprescindibles” e catro meses despois cando por fin chegaron, “xa non había nada que facer”. Noutro caso, a subdirectora Xeral de Farmacia resolveu que non cumpría os requisitos.

David, Jesús, Félix, Isolina, María José, José Emilio, “non son números, Sr. Feijóo” e pesar de que vostede tente escudarse nos profesionais, “houbo médicos que tiveron que saltarse todos os protocolos desesperados por salvar as vidas dos seus pacientes”.

O parlamentaria lembrou que o propio Colexio de Médicos de Pontevedra non compartiu os criterios economicistas para non incluír “Solvaldi” nos tratamentos de afectados e afectadas por hepatite C, polo que volveu a esixir ao presidente da Xunta que non “se escudara nos profesionais para eludir as responsabilidades do seu goberno”.

 Denuncia da Fiscalía contra dous altos cargos da Xunta

 A Fiscalía de Santiago relaciona as mortes cos recortes e razóns orzamentarias, mentres se negociaba un acordo global coas empresas farmacéuticas e mesmo afirma que houbo retrasos inxustificados e modificación das datas de solicitude dos fármacos para simular tempos de espera máis curtos. A pesar de todo isto, vostede segue mantendo que é un disparate relacionalo cos rescortes. Se é así, dixo o nacionalista, porque entón votaron en contra de que se dispensaran os novos fármacos nas farmacias hospitalarias?. Por qué hai 165 presos á espera destes tratamentos, e por qué a Audiencia de Ourense obrigou á Xunta a subministrar os fármacos a un recluso que levaba dez meses agardando.

Feijóo responde a Jorquera

Ser o campión do déficit ten consecuencias graves

“Ser o campión no cumprimento do déficit ten consecuencias”, recalcou o portavoz parlamentario e “as vidas das persoas que morreron non valen os 170 millóns aforrados”. Tres persoas morreron sen acceder ao tratamentos, outras tres chegáronlle demasiado tarde. Se vostede non asume e depura responsabilidades, as responsabilidades recaerán sobre vostede, concluíu o portavoz parlamentario.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG