Ana Pontón: "Abrese a oportunidade para que Galiza volva a ter voz propia nas Cortes do Estado"

Ana Pontón responde aos xornalistas

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualificou de “paripé e teatrillo” as negociacións das forzas políticas estatais e denunciou que Galiza, nestes catro meses, permaneceu “desaparecida”

Ana Pontón responde aos xornalistas

Para a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón a celebración de novas eleccións no Estado representan unha “oportunidade para que Galiza volva a ter unha voz propia nas Cortes do Estado” e defender os intereses dos galegos e galegas como sempre fixo o BNG, “dando a cara por este país e defendendo ás maiorías sociais”.

A preguntas dos xornalistas sobre a convocatoria de eleccións o vindeiro 26 de xuño, a portavoz nacionalista afirmou que é evidente que catro meses de “paripé e teatrillo” demostra que non existía vontade por construír unha alternativa a Rajoy e dende o Bloque Nacionalista galego queremos converter o fracaso das forzas políticas estatais, “tanto das vellas como das novas” incapaces de construír unha alternativa ao desastre que deixa Rajoy, nunha oportunidade para que “Galiza volva a ter unha voz propia nas Cortes do Estado” e recuperemos a defensa dos intereses dos galegos e galegas como sempre fixo o BNG “dando a cara por este país en defensa das maiorías sociais”.A.Pontón responde aos xornalistas

Estou convencida, afirmou a portavoz nacional do BNG que hai moitas persoas decepcionadas ante o teatro destes meses do fracaso das forzas estatais para chegar a un acordo e decepcionadas porque “Galiza estivo desaparecida”. Os representantes galegos e galegas,engadiu, “estiveron xogando a facer o xogo dos intereses das súas direccións estatais esquecendo o mandato e promesas que fixeron na campaña”. Ábrese un novo período e unha nova oportunidade para recuperar unha voz firme en defensa de Galiza e dos seus intereses.

Posible adianto electoral en Galiza

A preguntas dos xornalistas sobre un posible adianto das eleccións en Galiza, a portavoz nacional afirmou que o BNG está preparado para o reto dun posible adianto das eleccións autonómicas cunha candidatura nacionalista de unidade de todos e todas as nacionalista que queremos un futuro diferente ao desastre que nos deixa Feijóo. É evidente, dixo, que hoxe hai máis paro, máis desigualdade e cada vez Galiza pesa menos na política estatal pola submisión e incapacidade por defender os nosos intereses como pobo. Este é tamén un reto ao que estamos preparados dende o Bloque Nacionalista galego. O Goberno de Núñez Feijóo está esgotado, escondese ante os problemas e mesmo é incapaz de pedir perdón cando se equivoca como aconteceu hoxe ante as persoas que sufriron os recortes. É un goberno, recalcou “que xa non pode ofrecer nada a Galiza e canto antes os galegos e galegas poidamos firmarlle a carta de despido a Feijóo, moito mellor”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG