Jorquera: "O PP presume de cumprir o déficit pero Galiza non medra"

O parlamentario do BNG, Francisco Jorquera respondeu ao conselleiro de Facenda que é especialista en cumprir o que lle ditan aínda que sexa prexudicial para Galiza

Intervención de Francisco Jorquera

Tras a comparecencia do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez para dar conta do peche de exercicio 2015 e o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, o portavoz parlamentario do BNG afirmou que “é o campión no cumprimento dos obxectivos de déficit” pero a nosa economía segue medrando “por debaixo da media estatal”. No extremo contrario, engadiu, o nacionalista están Cataluña e a comunidade valenciana, “as máis incumpridoras” pero cunha economía que medrou por riba da media.

Jorquera ironizou e dixo que Galiza é “a medalla de prata” no cumprimento dos obxectivos de déficit pero en PIB per capita, “descendemos ao décimo posto”. Temos 62.000 desmpregados máis, o rítmo de destrucción de emprego duplicase e descende no dobre a taxa de ocupación e a taxa de actividade baixa 4 puntos, por 1,7 no Estado español. Estes datos confirman que o seu virtuosismo constiste “en cumprir o déficit que lle ditan”, aínda que sexa “prexudicial para o noso país”.

Os obxectivos de déficit impostos polos Goberno central están ao servizo do seu modelo centralista e antisocial con recortes nas CC.AA nos servizos públicos e nas políticas sociais pero vostedes, mentras tanto en troques de cuestionar este modelo, “prefiren ser alumnos obedientes”. Dende o ano 2009 recortaron case dúas mil prazas de persoal na Sanidade e mil no Ensino.

Un reparto do déficit inxusto

O reparto do déficit, recalcou Jorquera, é “totalmente inxusto” porque o Estado central xestiona pouco máis do 50% do gasto público pero reservouse para si o 83% do déficit mentres impuxolles como límite máximo as Comunidades Autónomas, o 17%. O seu Goberno en vez de denunciar ao Goberno central por incumprir a lei “comportase como un alumno pelota e chivato” e esixe que castigue a outras comuniades, sen embargo, Cataluña xa anunciou que “non fará ningún recorte máis” como lle esixe Montero nunha carta.

Francisco Jorquera

As políticas do Partido popular poñen en perigo o sistema de pensións, degradan as condicións laborais, rebaixan cotizacións empresariais e botan mán do fondo de reserva para financiar partidas que non deben ser soportadas polas contizacións sociais.

Jorquera concluíu a súa intervención preguntando ao conelleiro de Facenda se os traballadores, “que é o único grupo que medra”, poden vivir con “menos da metade do salario mínimo”. O parlamentario criticou o autobombo e satisfación dos datos de déficit presentados por Martínez ao lle pediu que “as árbores non lle impidan ver o bosque” porque a fenda mantense e Galiza segue “nun devalo social, económico e demográfico”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG