Á iniciativa do BNG, o Goberno destinará 18M€ para axudas ao marisqueo e miticultura

 A proposición non de lei defendida polo deputado do BNG, Daniel Rodas para destinar 18M€ que estaban vinculados á acuicultura intensiva sexan destinados a axudas pra o sector do marisqueo, miticultura ou pesca artesanal, acadou o apoio unánime da Cámara galega.

Daniel Rodas

O parlamentario do BNG lembrou que o proxecto da lei de acuicultura do Partido popular finalmente paralizado pola mobilización social, era un clamor da cidadanía que demandaba “un cambio da política” para o sector do mar, un sector que crea moita riqueza e actividade no noso país. A lei de acuicultura do Goberno galego propuña un “modelo intensivo” con prevaleza de capital que para o deputado responde “ao ADN da Unión europea neoliberal ” e que o Partido popular comparte. Na súa intervención, Rodas estendeu a crise da pesca galega ao agro, ao pequeno comercio e ao sector naval, afectados polas “políticas erráticas” do Partido popular.

O nacionalista asegurou que moitos millóns de euros dos fondos da Unión europea van destinados a acuicultura cando, na súa opinión, deberían ser destinados a “axudas para as paradas das mariscadoras a pe ou para inversións que reduzan o impacto na calidade da auga”.

Daniel Rodas

O deputado, tras criticar as directrices da Unión europea para o sector pesqueiro galego mentres pola contra non dúbida e impulsar a acuicultura reclamou que os 18 M€ destinados para levar a práctica os requisitos impostos por Bruxelas para esta actividade foran destinados a axudas para o sector do marisqueo, miticultura e pesca artesanal.

Pola súa parte, o portavoz popular, José Manuel Balseiro anunciou o voto favorable á proposición non de lei defendida polo deputado nacionalista que tamén acadou o apoio da totalidade da Cámara

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG