Montse Prado tilda de "fraude democrática" a prorroga a ENCE

A deputada afirmou que o tempo non apremiaba para a prorroga pero os intereses do Partido popular primaron a costa de sacrificar a ría e á poboación de PontevedraCRTVG 2

A deputada do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta na comisión de Ordenación do Territorio relativa á prorroga concedida a ENCE por 60 anos polo Goberno en funcións do Partido popular.

Na intervención, a parlamentaria cualificou de “fraude democrática” a decisión de prorrogar a permanencia de ENCE na ría e lembrou que o pasado 19 de xaneiro “miles de persoas manifestáronse en contra desta decisión e demandando a retirada da pasteira”. Son máis de 50 anos de ENCE en Pontevedra por mor dunha decisións na ditadura franquista que castigou duramente aos veciños que naquela ocasións tamén rexeitaron a medida.

ENCE, reiterou a nacionalista “estraga a ría de Pontevedra e leva consigo un modelo forestal destinado a converter Galiza nun eucaliptal”. Agora, o Goberno do Partido popular, en funcións, prorroga 60 anos máis ENCE e sabemos que a decisión “só beneficia á empresa” vendida a prezo de ganga porque caducaba no ano 2018 e a maiores, a da Xunta segue ofrecéndolle agasallos en miles de litros gratuítos de varios concellos e a rebaixa de taxas por utilizar o peirao de Ribadeo.

Montse Prado

Por outra parte, lembrou que cargos do Partido popular tamén se benefician como o ex-cargo da Xunta, Carlos del Álamo ou a ex-ministra Isabel Tocido, ademais doutros cargos menores. Montse Prado preguntou que beneficios reporta ENCE ao pobo de Pontevedra e a súa contorna. Na súa opinión, “só gana a empresa e a Banca” e algo cheira “ a podre” na decisión do Goberno do PP en funcións á hora de conceder a prorroga a costa de sacrificar unha ría e impedir outros usos para o dominio público no que está ubicada a empresa. A parlamentaria afirmou que ENCE prexudica o marisqueo e o turismo pero o Partido popular sigue primando os intereses da empresa e das “empresas dos amigos”.

Pola súa parte o director xeral de Calidade ambiental, Justo de Benito xustificou a prorroga e afirmou que a postura da Xunta é clara, protexer o emprego e actividade económica, “prioridades absolutas deste goberno”.

Na réplica, a nacionalista reiterou que a prorroga “é unha cacicada” e por moito que a queiran xustificar non van poder porque representa “un roubo directo á calidade de vida d@s cidadáns de Pontevedra”. O PP non tivo rubor en mudar a lei de Costas para favorecer a permanencia de ENCE e unha Lei de solo que tamén a protexe. Se a empresa non cumpre coas súas obrigas, explicou Prado, a prorroga reduciríase a 50 anos, “esa é a dureza que vostedes propoñen”.

Galiza ten competencias plenas na Ordenación do Territorio pero “vostedes non as exercen porque non queren”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG