Tereixa Paz: “A EGAP non pode reducirse a unha mera academia que organiza cursos"

A deputada cualificou de “rutineira” a programación da EGAP polo que solicitou da directora xeral volver a organizar e convocar bolsas de investigación e transparencia e equidade no acceso ás actividades formativas.

Tereixa Paz  en comisión

Tras a intervención da directora xeral da Escola Galega de Administración pública para presentar o Programa da Escola para o ano 2016, A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz propuxo a emisión de bolsas de investigación para previr a corrupción, avaliación de áreas de risco de prácticas corruptas dentro da administración e deseñar medidas de impulso contra estras prácticas.

A deputada afirmou que a EGAP non pode ser unha institución que organice só cursos de formación e rexeitou a “práctica rutineira” na programación da escola polo que pediu volver ás actividades que garantan a homologación e acreditación do persoal entre o que destacou o de incendios tras entrar en vigor no Estado a Lei de Protección Civil. Sobre este extremo, a parlamentaria preguntou se a EGAP ten previsto sacar as prazas necesarias para a acreditación e formación profesional para as novas unidades competencias recollidas na lei 17/2015 atribuídas @s traballadores/as dos dispositivos de loita contra incendios forestais.

Tereixa Paz insistiu que a EGAP non pode ser unha “mera academia”, debe volver a organizar e convocar bolsas de investigación para crear coñecemento propio para aplicar na administración.

O BNG suspende a EGAP na formación contra a violencia de xénero e protección das persoas LGBTI

A nacionalista considerou que existe outro ámbito imprescindible para abordar a violencia de xénero e as políticas de Igualdade co fin de ampliar a súa eficacia. No noso país, dixo, temos a lei de Prevención da violencia de xénero e a lei do ano 2014 de visibilización e promoción da igualdade das persoas LGBTI. As dúas leis establecen que a administración galega debe profundizar nas causas que producen ese fenómeno pero tamén formar “máis adecuadamente nese ámbito”, formar ao conxunto da administración, xustiza, corpos de seguridade do Estado e no educativo, e neste ámbito, dende o BNG consideramos que “vostede ten un suspenso rotundo”.

Comisión de Administración Xeral

Para a deputada, a EGAP tamén debe garantir a transparencia e a equidade no acceso ás actividades formativas polo que pediu que todas as actividades programadas sexan publicadas no DOG para evitar discrepancias e confusión nos prazos, lugar e créditos.

Tereixa Paz rematou a súa intervención retirando que se retomen as bolsas de investigación para dar contido a EGAP, máis alá dunha “mera academia” que imparte cursos aos empregados públicos porque 3,2M€, explicou, deberían dar para algo máis co fin de eliminar a práctica rutineira da formación e establecer “a transparencia e equidade” para que o acceso á formación sexa “óptima”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG