O BNG pide retirar o anteproxecto de lei de Acuicultura, contrario aos intereses do Sector do mar

O deputado Daniel Rodas afirmou que non vale só con paralizala e o compromiso do PP para buscar o consenso porque o sector e mesmo algúns alcaldes populares xa amosaron o seu rexeitamento a un modelo que atenta contra a actividade de moitos traballadores/as do mar.

Daniel Rodas

Pleno.- Tras saudar aos representantes do sector do marisqueo, patroas maiores e mexilloeiros convidados ao debate, o parlamentario do BNG, Daniel Rodas pediu ao Partido popular “retirar” o anteproxecto da lei da acuicultura.

O deputado explicou que a proposición non de lei do BNG recolleu as demandas do sector e mesmo dos alcaldes de Vilanova, Riberia, Marín e portavoces municipais que apoiaron unha iniciativa semellante á que hoxe é debatida no Parlamento galego para retirar o anteproxecto da Lei de Acuicultura.

 A retirada do texto, dixo, é un clamor unánime contra a política da Xunta e no mar non queremos que pase o que está sucedendo co leite, co pequeno comercio e que vostedes segan favorecendo a unha minoría mentres “arruínan o noso modelo de vida”.

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro afirmou que o anteproxecto “está paralizado” e acusou a oposición de desinformar ao sector. Se hai un consenso co sector, “a lei saíra adiante”, afirmou.

O parlamentario do BNG replicou a Balseiro de perder unha oportunidade para convencer aos representantes do sector presentes no debate e cuestionou o seu “compromiso de consenso”. Non hai máis que ver, explicou, a política de despezamento con máis de 700 solicitudes, máis de de cen barcos despezados, fraude na etiquetaxe no mexillón e o seu compromiso coas instalacións en Touriñán e Corrubedo ou cos dereitos de pesca que levou ao cerco a acampar nas inmediacións de San Caetano.

Daniel Rodas

O parlamentario pediu “sensatez” ao Partido popular e escoitar ao sector que reclama seguir producindo, “como o levamos facendo toda a vida” e apostando por un modelo que reparta a riqueza horizontalmente algo, engadiu que ademais de ser demando polo sector do mar tamén é demandado polos propios alcaldes do Partido popular polo que recomendou ao portavoz parlamentario do PP “consensuar cos seus compañeiros de filas” e non facer un brinde ao sol. Nin vostede, nin a conselleira do Mar, nin o director xeral, “son interlocutores válidos”, e neste proceso non representaron ao sector.

A iniciativa nacionalista foi apoiada polo resto da oposición e rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG