O BNG advirte que un posto de traballo non exime de "pobreza laboral"

A deputada do BNG, Montse Prado lembrou que na actualidade moitos galegos e galegas “cun posto de traballo” viven en “pobreza laboral” e por debaixo dun mínimo limiar para levar unha vida independente

Intervención da deputada do BNG, Montse Prado

Pleno.- A parlamentaria do BNG, Montse Prado interpelou hoxe á ao conselleiro de Traballo, Francisco Conde sobre a precariedade no mercado laboral da que dixo, en Galiza viven persoas “en pobreza laboral” a pesar de ter un traballo porque ese traballo, “está por debaixo dO limiar mínimo para acceder a unha vida independente”.

Para a deputada, tras a aprobación das reformas laborais a precarización do mercado de traballo tira datos máis que preocupantes, cada vez máis contratos temporais, os contratos indefinidos non chegan ao 8% o que da unha idea da “baixísima duración dos contratos”. Contratos por horas, días ou poucos meses que o PP aproveita para afirmar que baixa o desemprego.

Por outra parte, a parlamentaria engadiu que cen mil galegos traballan a tempo parcial polo que preguntou ao conselleiro que vai facer o Goberno galego para rescatar os e as galeg@s, que a pesar de ter un posto de traballo viven “na pobreza laboral”, situación, que a xuízo da deputada, está a “cronificarse”.

O conselleiro de Traballo, Francisco Conde afirmou que todos os indicadores de emprego están a mellorar así como noutros sectores como as vendas no comercio. Conde reprochou á deputada a negativa do BNG a novos proxectos de minería ou as criticas á prorroga de ENCE que vai facer posible manter os postos de traballo.

Na réplica, a nacionalista recriminou ao conselleiro remontarse a sete anos atrás para afirmar que a situación laboral mellorou. Prado manifestou que o PP está para cumprir as leis pero cando non lle gustan “modifícanas como fixeron coa lei do solo e a prorroga de ENCE para beneficiar a empresas privadas”.

A parlamentaria pediu ao conselleiro que se poña ao servizo dos traballadores e non das empresas privadas e comece por reunirse cos traballadores da empresa concesionaria de transporte de residuos de SOGAMA sobre os que pende o anuncio de despido de 69 traballadores.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG