Jorquera a Feijóo: “Pola pasta,o goberno en funcións entrega a ría de Pontevedra a ENCE"

Lores responde as preguntas dos xornalistas

O portavoz parlamentario do BNG pediu explicacións ao presidente sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa ata un 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo. Para facerlle un favor a ENCE, afirmou Jorquera, “perdemos medio millón de euros ao ano”

 Pleno.- O portavoz parlamentario do BNG preguntou hoxe a Núñez Feijoo se está disposto a rectificar e escoitar o clamor de Pontevedra contra a prorroga de 60 anos a ENCE, “pola pasta” dixo, o nacionalista, un goberno en funcións entrega o dominio público da ría a unha empresa privada para que gañe 2.000 M€.

Un convenio da Xunta permite que ENCE utilice o porto de Ribadeo cunha rebaixa do 60% na taxa

Francisco Jorquera pediu explicacións ao presidente sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa ata un 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo e afirmou que para facerlle un favor a ENCE, con este convenio, “perdemos medio millón de euros ao ano”.

Francisco Jorquera replica a Feijóo

O convenio, abondou, xustificarono para non perder tráfico de mercadorías pero resulta que nin sequera o condicionan a que se manteña. “Movimientos necesarios hasta la implantación operativa del proyecto que ENCE ha acordado con FEVE y el puerto de Gijón para el trasporte por ferrocarril con origen o destino en nuestra factoría de Navia”,isto é o que figura no convenio, dixo o nacionalista, un convenio feito por ENCE e que a Xunta limitouse a asinar. “Asinar o que lle ditan os Lobbies e as multinacionais”

O PP regala a ría de Pontevedra a unha empresa privada

A prorroga de ENCE, insistiu o deputado é todo un exemplo de para quen gobernan, “aos mariñeiros do cerco coas portas no nariz e a ENCE, portas xiratorias”.

Vostede, dixo Jorquera, “non pode dar a calada por resposta” e supeditar o interese xeral aos dun consello de administración no que están colocados Isabel Tocino, Carlos del Álamo e “outros amigos”.

 Feijóo apela aos postos de traballo en ENCE

Tras a resposta do presidente da Xunta xustificando a prorroga advertindo da perda de postos de traballo no caso de non concedela, Jorquera pediu a Núñez Feijóo que non siga utilizando o “emprego como coartada” xa que ENCE é o sector nº 20 na xeración de emprego en Pontevedra, “ENCE, destrúe máis emprego do que crea” recalcou.

Lores na tribuna de convidados

Lores: “ENCE mantén un fío directo co Partido popular e as cloacas do Estado”.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira Carme da Silva e do representante do Movemento veciñal, Juan Loureiro asistiu ao debate da pregunta de Francisco Jorquera ao presidente Feijóo. Tras o debate, a preguntas dos xornalistas, Lores manifestou que os galegos “regalamos ao ano cinco millóns de euros en auga a ENCE”.

Lores responde as preguntas dos xornalistas

Sobre o convenio da Xunta para rebaixar as taxas de ENCE no porto de Ribadeo, Fernández Lores afirmou que ENCE mantén “un fío directo co Partido popular e coas cloacas do estado”. ENCE, recalcou está en Pontevedra restando rendabilidade económica.

 Lores acusou ao Partido popular de “servilismo ao poder económico” e agora volve a condenarnos á contaminación 60 anos máis “cheirando un fedor horrible”. Sobre os empregos que crea ENCE, o alcalde de Pontevedra afirmou que é “unha porcentaxe mínima” fronte o que destrúe noutros sectores produtivos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG