O BNG pide paralizar o permiso da explotación mineira Isabela II

O grupo parlamentario do BNG presenta diversas iniciativas reclamando a paralizar de novas autorizacións de investigación de proxectos de megaminería en Galiza

Francisco Jorquera

O grupo parlamentario do BNG rexistrou diversas iniciativas destinadas a reclamar a paralización de proxectos de megaminería en Galiza tras o anuncio da Consellería de Industria relativo á solicitude de permiso de investigación mineira Isabela II que afectaría aos terreos do Concello de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Mazaricos.

 O BNG insta á Xunta de Galiza a denegar calquera autorización relacionada coa reactivación de proxectos de megaminería en Galiza, paralizando as novas autorizacións de investigación mineiras que están solicitadas.

En reiteradas ocasións, o BNG mostrou no Parlamento galego o seu rexeitamento aos proxectos de megaminería en Galiza que ademais provocaron unha forte contestación social polos seus grandes custes sociais e medioambientais. Expertos/as advirten que de prosperar o proxecto Isabela II, a utilización de cianuro sería inevitábel e requiriría tamén a construción dunha planta de tratamento.

 O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera manifesta na Proposición non de lei nacionalista que diversos colectivos denuncian falta de información para facer alegacións e que para consultar o expediente é necesario trasladarse A Coruña. Ademais grupos ecoloxistas denuncian que o Grupo M-FM 2001 recibiu subvencións de centos de miles de euros por parte do Estado.???????????

Para o portavoz parlamentario, todo indica que a investigación mineira Isabella II pretende reactivar os proxectos de megaminería en Galiza, un modelo, afirma o nacionalista “esquilmador dos nosos recursos, do noso territorio e da nosa riqueza natural”. Un modelo que destrúe máis postos de traballo que os que crea, e que fai que os beneficios emigran e os custes se internalicen.

A minería de ouro non crea riqueza en Galiza

A minería de ouro, explica Jorquera, ten unha clara compoñente especulativa e a súa viabilidade está exclusivamente condicionada pola cotización do metal nos mercados internacionais de capitais. Deste xeito, e cos actuais prezos do ouro, xacementos con leis relativamente baixas que até hai pouco non tiñan interese para a industria, tornáronse hoxe “rendíbeis”. É de supoñer que cando o mercado mundial do ouro acumule un exceso de oferta, os prezos caerán e moitas explotacións como esta deixarán de ser rendíbeis. Por tanto, todas as xustificacións achegadas polas empresas interesadas na súa explotación están condicionadas e subordinadas á cotización internacional do ouro e ás flutuacións dun mercado cunha forte compoñente especulativa.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG