O PP rexeita a Moción do BNG para recupar a xestión directa dos comedores escolares

O deputado do BNG, Cosme Pombo defendeu que os comedores escolares sexan atendidos por persoal especifico da Consellería de Educación garantindo a calidade e consumo de produtos galegos, locais, frescos e sans e primando hábitos saudábeis.

Cosme Pombo

 O deputado do BNG, Cosme Pombo defendeu hoxe unha moción destinada a recuperar a xestión directa do servizo público dos comedores escolares.

O parlamentario afirmou que o modelo do BNG é recuperar o servizo dos comedores escolares, os postos de traballo e a calidade con produtos que “non hai que ir a buscar fora” para recuperar e potenciar a saúde e actividade económica ademais de defender o medio ambiente en alusión aos percorridos dos produtos servidos polos caterings a grande distancia do lugar da elaboración ata os centros escolares.

O PP anuncia o voto en contra da moción nacionalista

O nacionalista lamentou o anuncio do voto en contra do Partido popular porque na súa opinión, “o tema é moi serio e afecta a seguridade alimentar no ensino público” e por que “chove sobre mollado no tema dos caterings”. Sei, dixo, que o PP aposta por ese modelo de “privatización” e negocio por riba da calidade, modelo de denuncias continuadas e mal servizo de empresas, reclamacións de rescisións de contratos por “menús miserábeis” que supoñen unha estafa ás familias que pagan 4,5 euros mentres os seus fillos só comen por 2,70.

“Hai moitas AMPAS que reclaman un comedor con calidade”, que garanta a conciliación da vida laboral e unha “alimentación saudable” que en moitas ocasións,dixo o deputado é “a única comida de moitos escolares”.

O deputado concluíu a súa intervención reiterando a petición da xestión directa dos comedores escolares en toda Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG