Montse Prado critica que na comparecencia Almuíña esqueza falar do Hospital de Vigo

Montse Prado

A deputada cualificou de “publireportaxe” a comparecencia do conselleiro de Sanidade e lamentou que obviara os problemas detectados no Álvaro Cunqueiro.

Intervención da deputada do BNG, Montse Prado

A deputada do BNG, Montse Prado criticou que o conselleiro de Sanidade non fixera referencia á situación do hospital de Vigo na súa comparecencia para explicar as actuacións do seu departamento.

Para a deputada, o conselleiro “non falou da sanidade real de Galiza” nin das preocupacións fundamentais dos galegos e galegas que precisan asistencia sanitaria porque existe unha sanidade real que padece a cidadanía e a outra, “a da mentira, propaganda e virtualidade” do Partido popular.

A parlamentaria asegurou que a comparecencia do conselleiro que cualificou de “ publireportaxe” será repenicada polos medios públicos de Galiza, “ Televisión e Radio galega secuestradas e ao servizo do Partido popular” en alusión á aprobación en solitario do PP do mandato marco da CRTVG,minutos antes da comparecencia do titular de Sanidade.M.Prado 2

Na súa intervención, a deputada destacou que a Atención primaria é a porta de entrada da sanidade e “debería contar con recursos” sen embargo, é unha das “grandes damnificadas das políticas do Partido popular” no “sexenio negro” dende que goberna Feijóo e acusouno de reducir persoal, medios e material de “maneira temeraria” creando unha estrutura para concentrar o negocio das empresas privadas e “cargándose dun plumazo a interlocución coa atención primaria”.

Diminución de orzamentos, deterioro das infraestruturas, paralización das previstas en centros de saúde son algunhas das eivas, dixo, que o Partido popular quere silenciar ao que engadiu a non reposición das xubilacións, vacacións e baixas, “moito menos persoal debe atender a mesma carga asistencial”, recalcou.

O conselleiro esquece falar do Hospital de Vigo

A deputada mostrou a súa sorpresa ante o esquecemento do conselleiro sobre o Hospital de Vigo, Álvaro Cunqueiro e as previsión da consellería sobre os múltiples problemas e irregularidades detectados no centro. Que nivel de credibilidade pode ter vostede, dixo Prado se non fala do Hospital de Vigo, “ningunha” afirmou. Vostede mudou parte da dirección do hospital de Vigo para facer crer que así resolven os problemas pero non cambiou ao xerente “máximo responsable dun traslado” poñendo en risco a saúde e vida das persoas da área sanitaria Sur da provincia de Pontevedra polo que preguntou se a nova dirección “ten capacidade para actuar sobre a xerencia e a concesionaria”. Vai rematar a bicefália entre a consellería e a xerencia que toma as decisións da empresa concesionaria?.M.P 3

No novo hospital de Vigo hai moitos problemas co persoal e organizativos derivados dos servizos unificados no último momento, ausencia de xefes de servizo en medicina interna, falta dirección en Urxencias, deterioro nas condicións laborais e salariais, ausencia de espazos para as consultas, seguen suspendéndose operacións cirúrxicas porque a esterilización continúa no hospital do Meixoeiro, circunstancia que a deputada tildou de “aberración”.

Sen persoal non hai Sanidade

Na quenda de réplica, a deputada reiterou que “sen persoal non é posible a sanidade”. Dende que goberna Feijóo, dixo, nun “sexenio negro para Galiza”, o PP fixo un ERE de 2.841 prazas perdidas nos anos 2010-11-12-13 e 14 que non se van a recuperar. Eliminaron camas hospitalarias, incrementáronse as listas de espera, e a cuarta parte das camas hospitalarias en Galiza “xa son privadas”, concluíu

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG