Montse Prado acusa ao Goberno de Feijóo dun ERE na Sanidade pública de máis de 2.800 prazas

A deputada denunciou que o número de prazas anunciadas na Oferta Pública de Emprego  do SERGAS resulta “insuficiente” e representa só o 10 por cento das vacantes reais

Montse Prado

A deputada do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta ao goberno na Comisión de Sanidade relativa á convocatoria do 100% das prazas vacantes na OPE do SERGAS. Para a deputada, o anunciou da consellería ofertando 344 prazas na Oferta de Traballo Público no 2015 é “insuficiente” e non representa o 50% como afirma o SERGAS.

Na súa intervención, a nacionalista considerou que a consellería de Sanidade “xoga cos datos e falta a verdade” porque as prazas anunciadas supoñen pouco máis que o 10 por cento das vacantes reais polo que preguntou se 344 prazas van a resolver a escasez de persoal do SERGAS e se existe algunha previsión de repoñer as máis de 2.000 prazas vacantes que se levan producido dende o ano 2010.

Ademais tamén preguntou se a Sanidade pública galega pode prestar a mesma atención con case 2.800 profesionais menos e porque non se convocan prazas en todas as categorías profesionais.

Pola súa parte, a directora Xeral de Recursos Humanos, Margarita Prado Baamonde respondeu a deputada que os procesos selectivos continuados garanten a calidade na prestación sanitaria. No período 2012 a 2014, dixo, esgotouse a taxa prevista e no ano 2015 a convocatoria de 344 prazas supón pasar na reposición do 10% ao 50% da taxa en diferentes categorías asistenciais e non asistencias.

Montse Prado

Na réplica, a deputada reiterou as preguntas ao considerar que a directora Xeral non respondera a ningunha das cuestións formuladas entre as que destacou se está prevista a reposición de case 3.000 prazas vacantes producidas no SERGAS dende o ano 2011. “Si vostede non me contesta teño que concluír que non e tamén lle preguntei si con 2.800 profesionais menos a calidade asistencial é a mesma e tampouco me respondeu”. A falta de profesionais, afirmou Prado, conduce a “unha explotación indecente” do persoal sanitario e vostedes seguen obrigándoos a facer o mesmo traballo. Sobre este extremo, engadiu, “tampouco me respondeu quen vai facer o traballo das prazas das categorías que non foron convocadas como a de celador@s, mantemento, cociña, administrativos/as ou van a seguir privatizando estes servizos” recalcou.

A parlamentaria do BNG pediu a directora xeral que publiquen as prazas que están cubertas por interin@s para coñecer a situación real do emprego público. Os seis anos do Goberno Feijóo representan, afirmou, un sexenio negro cun ERE no SERGAS de máis de 2.800 prazas, “un dos EREs más grandes de toda Galiza”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG