Compromiso do Director de Pesca da Comisión Europea co BNG e cefalopodeiros sob Acordo UE-Mauritania

CEFALOPODEIROS BRUXELAS 2A Portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, o deputado do BNG no Parlamento galego, Daniel Rodas, o presidente de ANACEF e o Director Xerente da Asociación de Armadores de Marín, Juan Martín Fragueiro, mantiveron estas mañá en Bruxelas unha xunta co Director Xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da Comisión Europea para abordar a necesidade de abrir o Acordo de Pesca UE-Mauritania ao sector pesqueiro galego.

Ao remate da xunta, a delegación fixo unha avaliación positiva do encontro xa que o Director Xeral de Pesca da Comisión Europea “foi receptivo a incluir unha nova modalidade de pesca demersal, proposta que traia ANACEF, coa que se podería abrir unha posibilidade de que os barcos galegos poderían voltar a faenar no caladoiro de Mauritania, un banco fundamental dado que os outros acordos que hai alternativos son só complementares”, segundo explicaron Daniel Rodas e Ana Miranda.

Ademáis, tanto o BNG como ANACEF instaron a acelerar os prazos de xeito que “a próxima Comisión Científica do Acordo UE-Mauritania, prevista para o primeiro trimestre de 2016, puidese xa adoptar algún tipo de decisión ao respeito, contando, iso si, coa aportación dos correspondentes estudos científicos”. Advertiron que de prolongarse os prazos, poderíamonos atopar na situación de que pasarían catro anos sen un caladoiro que permita a viabilidade da frota cefalopodeira “pois condenaríaa ao desguace”. Miranda e Rodas insistiron que a frota galega ten moito potencial e que non pode ser condeada ao desguace por decisións políticas.

O Director Xeral de Pesca da Comisión Europea aceita reunirse co Consello Galego de Pesca na súa visitar a Galiza

Ana Miranda e Daniel Rodas explicaron que desde o BNG “convidamos ao sector do cerco a vir a Bruxelas para unha xunta nos meses de xaneiro ou febreiro, pero o Director Xeral de Pesca informounos que precisamente irá a Galiza. De aí que lle fixésemos a proposta de que nesa visita tivera a ben reunirse co Consello Galego de Pesca, no que está representado todo o sector, para coñecer asi a situación real do sector pesqueiro e marisqueiro galego. Consideramos e así llos fixemos saber, que sería unha magnífica oportunidade para coñecer a realidade da pesca galega . Proposta que aceitou gustosamente e agardamos que se materialice”.

Neste sentido, Ana Miranda puxo en valor a “capacidade de interlocución bilateral que ten o BNG para poder acceder aos máximos mandatarios da Comisión Europea en materia de pesca. Lembrámoslle ao Director Xeral de Pesca que actualmente hai un sector que leva 36 días de acampada diante da Xunta, en alusión ao cerco, lembrámoslle que os cefalopodeiros levan catro anos sen poder pescar en Mauritania, e lembrámoslle que senón tiveramos levalo aos mariñeiros do xeito a Bruxelas, o seu tema non se tería resolto”.

Criticou á Conselleira de Pesca por ir a Bruxelas a tratar entre outros temas o acordo UE-Mauritania e non fale nen co sector nen antes nen despois da recente visita do luns desta semana.

Tanto Miranda como Rodas insistiron en que o cometido do BNG non “é o de facer fotos, senón é o de resolver con rigor os problemas da pesca galega que se escenificaron con seriedade na reunión de traballo que tivemos esta mañá”.

Nese sentido, agradeceron ao sector e a ANACEF a confianza depositada no BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG