Jorquera dille a Feijóo que amparar a Baltar é "insultar a todas as mulleres"

Jorquera replica a Feijóo

O deputado tildou de “vergoñenta” a actitude de Feijóo e pediu ao Presidente da Xunta e do PPdeG que esixa a dimisión de Baltar e inicie os trámite para súa expulsión do partido

O portavoz do grupo parlamentario do BNG preguntou hoxe ao Presidente da Xunta se considera un “problema menor” que un presidente de Deputación sexa denunciado por acoso sexual.

O parlamentario reprobou que o presidente da Xunta afirmara que a denunciante pretendía que “Baltar delinquise e o señor Baltar non delinquiu”, manifestación que para Jorquera “converteu a vítima en culpable”.

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Cos carteis nos escanos baixo o lema: “O persoal é público. O acoso é delito”. Hoxe, Día Internacional contra a violencia de xénero o deputado do BNG lembrou que o Presidente da Xunta “insultou a todas as mulleres” no último pleno do Parlamento reprendendo a oposición por non preguntar por cousas importantes e formular preguntas sobre o posicionamento do Partido popular ante a denuncia contra Baltar. Para vostede, dixo, “a violencia de xénero non forma parte dos principais problemas” e que un cargo público reclame “favores sexuais” a cambio de promesas de colocación non é unha cuestión importante.

Jorquera preguntou a Feijóo se é consciente da situación que deben soportar todos os días moitas mulleres nos seus postos de traballo ou para conseguilo. Non sabe qu

Jorquera pegunta a Feijóo polo caso Baltar

e o acoso sexual é unha forma de violencia machista? Para combater a violencia contra as mulleres, dixo, hai que acabar coa “hipocrisía”, menos minutos de silencio e máis acción pero vostede, “prefire mirar para outro lado cando un señor feudal 2.0 se cre con dereito de pernada”.

Feijóo defende a presunción de inocencia a Baltar pero négalla á denunciante

Tras a resposta do presidente da Xunta apelando a presunción de inocencia de José Manuel Baltar, o nacionalista enfatizou que ten unha “curiosa maneira de entender esa presunción” ao aplicarlla ao presidente da Deputación de Ourense e negarlla á denunciante.

Vostede, “acusouna de cometer un delito” e defende que Baltar nin sequera está imputado, vostede confunde a diferenza entre presunción de inocencia penal e a “asunción de responsabilidades políticas”, recalcou.

Jorquera replica a Feijóo

O parlamentario preguntou ao presidente da Xunta se escoitou as gravacións que demostran que José Manuel Baltar solicitou favores sexuais a cambio de promesas de colocación, “claro que te voy a ayudar y esa promesa va a misa…en ese momento, cuando sea Presidente yo me comprometo a hacer…si tu quieres algo, no la cagues, joder”, como entende estas frases?. As gravacións, engadiu demostran “nepotismo” na Deputación de Ourense e para mostra outra frase de Baltar, “Tu nota tengo que cambiarla, tú vas a sacar más”.

 O BNG pide a dimisión do presidente da Deputación de Ourense

O parlamentario do BNG aludiu a unha recente entrevista nun medio de comunicación na que Feijóo manifestou “non estar contento coa denuncia”. A xuízo do nacionalista, as afirmacións do Presidente da Xunta demostran que está preocupado pola denuncia e non polo feito denunciado.

Jorquera lembrou a Núñez Feijóo que non só é o Presidente da Xunta tamén é Presidente do PPdeG e debe rectificar, “esixa a dimisión do Sr.Baltar, inicie os trámites para expulsalo do seu partido porque do contrario será responsable de amparar a un acosador”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG