A Comisión Europea comprométese co BNG e vítimas do Alvia a estudar o sinistro e a máis xuntas

812233307_120320A Responsábel do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, manifestou este mediodía “a nosa satisfación polos resultados da ronda de traballo que estamos a manter en Bruxelas, xunto coas vítimas do Alvia representadas na Plataforma “Víctimas del Alvia 04155”, ao máis alto nivel en materia de Transporte e Seguridade Ferroviaria”.

Miranda destaca o feito de que “fosen recibidos polas máis altas instancias de Comisión Europea en materia ferroviaria e de seguridade. Tiveron a oportunidade de expór o sinistro do Alvia, as deficiencias e as carencias en seguranza ferroviaria, e de entregar documentación tanto a Olivier Onidi, Director Xeral de Seguridade Ferroviaria da Comisión Europea, como logo ao Presidente da Comisión de Transportes da Eurocámara”.

Un compromiso con continuidade para o 2016

A Responsábel do BNG en Bruxelas anunciou que a Comisión Europea comprometeuse a “estudar e analizar toda a documentación relativa ao sinistro e á cuestión dos fallos de seguridade e a continuar coa ronda traballo a primeiros do ano vindeiro, o 2016, co propósito de seguer a examinar todos os feitos”. Ana Miranda subliñou que se tratou dunha xunta “longa, de moitas horas, e onde predominaron as cuestións sobre unha das maiores catástrofes ferroviarias do estado español”.

O cal, remarcou Miranda, “contrasta vivamente coa lamentábel actitude do Goberno español que se negou a recibilos e a escoitalos, nunca lles deu a oportunidade dunha xunta oficial para abordar o accidente”. Neste sentido, lembra a negativa de PP e de PSOE á necesaria Comisión de Investigación, que “sempre bloquearon” e os obstáculos do Ministerio de Fomento para que se puidese “coñecer a verdade”.

Esta mesma tarde, Ana Miranda e representación da Asociación Víctimas del Alvia 04155, manterán unha reución co Secretariado da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, “a quen lle pediremos que se axilicen as denuncias presentadas hai un ano. Logo entrevistarémonos co Presidente da Comisión de Transporte da Eurocámara, unha cita moi importante porque pode promover que se investigue o sinistro”.

Ana Miranda puxo de manifestó nestes encontros “a circunstancia de que actualmente continuamos desprotexidos en seguranza ferroviaria. Viaxamos en Alvia entre Ourense e Santiago sen o dispositivo de seguridade máis avanzado, o ERTMS. De igual xeito que o Eixo Atlántico se puxo en funcionamento este ano sen contar con este sistema. Co cal a seguridade en materia ferroviaria en Galiza segue a ser cuestionábel cando o obxectivo debería ser reforzala a fin de evitar máis accidentes deste estilo”.

Con esta ronda de contactos, salientou, “temos por obxectivo que se saiba a verdade, que se esclarezan os feitos e se depuren responsabilidades”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG