Jorquera: “As propostas fiscais da Xunta son regresivas e cun marcado cheiro electoralista"

O deputado criticou que unha vez máis, o Goberno presenta xunto a lei de Orzamentos unha lei de acompañamento para modificar un grande número de leis que deberían pasar polo tramite parlamentario especifico

Francisco Jorquera

Jorquera, despois de escoitar a comparecencia do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez para presentar o proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas, asegurou que a Xunta “sube o gasto, rebaixa os impostos e reduce o déficit, demasiado bonito par ser verdade”. O parlamentario afirmou que as propostas fiscais do Goberno son regresivas e cun marcado cheiro electoralista”.

Jorquera criticou que o Goberno volva a recuperar a “vella mala práctica” de presentar, xunto a Lei de Orzamentos, unha lei de acompañamento co obxecto de introducir cambios nun grande número de leis que deberían pasar polo trámite parlamentar especifico, impedindo o un debate “pausado e reflexivo” e escoitando aos diferentes sectores afectados. Volven, dixo, “a imitar nas formas e no contido ao Goberno central”, nas formas abusando do recurso de carácter “excepcional e urxente” e no contido, calcando medidas como as de licenzas para implantar novas áreas comerciais.

Atención de menores de 16 anos en equipamentos residenciais para persoas con discapacidade

Entre as novas medidas, Jorquera criticou a modificación para que que os menores non teñan asegurada unha atención especifica e especializadas en centros propios para menores, dando un paso máis “no desmantelamento dos servizos públicos especializados e castigando aos colectivos máis vulnerábeis”.

 Normativa eléctrica que penaliza as pequenas e medianas empresas

 Por outra parte, denunciou que co artigo 30 “modifican as caladas” a normativa eléctrica penalizando ás pequenas e medianas empresas para favorecer “ás grandes compañías eléctricas”. Antes, explicou, para sufragar os custes de instalación de reforzos de subministro eléctrico o limar en solo industrial situábase en 100 kw, agora propoñen reducido a 25 kw que provocarán maiores custes e prexuízos de emprego e isto, “nun país excedentario en xeración eléctrica”.

Francisco Jorquera

Máis licenzas para áreas comercias en detrimento do pequeno comercio

 Tamén modifican,asegurou o deputado, a lei de comercio interior de Galiza no relativo ao procedemento na obtención da autorización comercial autonómica para restar competencias aos concellos, integrando a licenza urbanística das grandes superficies comercias que “leva a ruína ao noso pequeno comercio”.

Medidas fiscais regresivas

Jorquera apostou por un reparto xusto de impostos polo que pediu a baixada dos impostos indirectos que subiron “escandalosamente” dende que goberna o PP. Supriman os repagos, e o imposto sobre hidrocarburos que aprobaron no ano 2013 e acompañen estas baixadas “dunha maior presión fiscal sobre os que máis teñen”.

Sobre a fiscalidade propuxo incrementar a progresividade no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados incrementando os tipos sobre os patrimonios máis elevados e reclamando un imposto sobre os depósitos bancarios.

 IRPF con truco

Jorquera afirmou que os novos tramos de rendas medias, “que non altas”, elevan a presión fiscal nas rendas de 20.000 euros a 33.000 nas que o tipo vixente era do 14% e agora pasa ao 15,5% ata os 27.700 euros e o 17% os 33.000 euros , “aplícanlle subas de 1,5 e 3 puntos sobre o tipo vixente” mentres que para as rendas superiores a 60.000 euros a suba é só dun punto, “curiosa maneira de entender a progresividade”, recalcou Jorquera.

Sobre a rebaixa nos tipos impositivos no tramo autonómico explicou que só terán efecto a partir do 2017 e vostedes anuncian agora unha rebaixa porque o ano que ven hai elección autonómicas sen embargo, será o novo goberno que resulte desas eleccións “quen pague o impacto da rebaixa na recadación”.

Medidas fiscais que responden, a un electoralismo calculado en troques de apostar “pola progresividade, a redistribución e a equidade”. Por todas estas razóns, Jorquera solicitou a devolución do proxecto de lei

Golpe na RTVG para perpetuar o Director xeral e o control partidista

O goberno que vostede representa defende medidas administrativas de normas modificadas recentemente e aprobadas hai só dous anos, “causando unha grande inseguridade xurídica nos cidadáns e destinatarios das últimas normas pero ademais, os cambios legais que se introducen non nos inocuos”.Neste sentido, denunciou que o PP pretende “colar de rondón” unha modificación da lei de Medios públicos de comunicación audiovisual de Galiza para dar “un auténtico golpe de Estado CRTVG”.

A lei vixente, explicou, establece que o director Xeral da CRTVG terá que ser nomeado cunha maioría de dous terzos e que o consello de Administración e a súa dirección continúan no exercicio “ata que se proceda ao nomeamento da corporación, algo que xa sucedeu” pero agora coa modificación que introducen, o director Xeral poderá continuar nas súas funcións ata que se inicie pola corporación RTVG a súa actividade e engaden que nese momento, se non estivese elixido director Xeral corresponderá transitoriamente á persoa que fose titular da direccións Xeral da Compañía, polo tanto, “abren a vía a prorrogar indefinidamente ao actual director Xeral”.

Asemade lembrou que o BNG foi moi crítico co proceso de renovación do Consello de Admón. da CRTVG, “cociñado entre os dous grupos maioritarios” de costas ao Parlamento e saltando a propia lei. Neste sentido recalcou que antes o Parlamento aprobaba o Acordo Marco e despois a Xunta o contrato de programa pero vostedes agora dan un paso máis e pretenden dar un golpe na CRTVG para “perpetuar o control partidista, incluso máis alá da presente lexislatura”.

O proxecto de lei continua o seu trámite ao ser rexeitada polo PP a emenda de devolucións presentada polo BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG