Acordo unánime á proposta do BNG para protexer os fondos da pesca do fletán en augas NAFO

Daniel Rodas defendeu unha Proposición non de lei na que reclamaba impedir as prospeccións petrolíferas nos fondos nos que habitualmente a flota galega pesca fletán en augas NAFO

Daniel Rodas na Comisión de Pesca

 Texto definitivo aprobado por unanimidade na Comisión de Pesca tras defender o deputado do BNG, Daniel Rodas unha Proposición non de lei destinada a protexer a zona na que flota galega pesca habitualmente fletán e na que se están a levar a cabo prospeccións petrolíferas: “ O Parlamento galego insta á Xunta a impulsar accións políticas para reclamar que se preserve a zona na que se pesca fletán na NAFO baixo a figura de protección que se estime acaída impedindo outras actividades que ameacen os recursos pesqueiros”.

Na súa intervención, o parlamentario nacionalista criticou a “hipocrisía “ de Canada que ata agora reclamaba a “eliminación da actividade pesqueira” argumentando a abundancia de gorgonias e plumas de mar e sen embargo considera que non é prexudicial autorizar as prospeccións petrolíferas.

Por outro lado, Rodas denunciou “o dobre raseiro do Partido popular” que no ano 2013 aprobou un protocolo de inspeccións que permite que a Garda Civil e os inspectores do Ministerio de Agricultura, pesca e alimentación (MAPA) obriguen ás tripulacións a permanecer nas embarcación ata o control das capturas. O despropósito é tal, dixo o deputado que ata lle controlan os “quiñóns”, cantidade de peixe que o mariñeiro leva para utoconsumo.Daniel 2  (1)

O deputado congratulouse do apoio unánime acadado na comisión de pesca e lembrou que mañá, día 8 comeza en Vigo o Forum da FAO que abordará a xestión dos océanos. Para o deputado, neste Forum deben quedar claroa os dereitos das comunidades de pescadores sobre os recursos e contra “os intereses dos oligopolios”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG