Adán pide á Xunta que rectifique a súa política de recortes en I+D+i

A parlamentaria salientou o descenso do esforzo investigador en I+D+i e a inestabilidade dos investigadores e investigadoras

Carme Adán

 A parlamentaria do BNG, Carme Adán formulou hoxe unha pregunta ao goberno na Comisión de Industria sobre a situación das empresas innovadoras en Galiza e o descenso e evolución negativa no sector.

Adán aludiu aos datos do IGE que cualificou de “desoladores” polo descenso alarmante do número de empresas con actividades innovadoras dende o ano 2008 ate o 2013 en case un 50%, 44%,45,1% e 47% respectivamente polo que na actualidade, “a metade das empresas xa non realizan esta actividade”, afirmou.

Por outra parte, asegurou que os datos relativos ao esforzo en I+D en relación ao PIB “tamén son preocupantes” e o gasto en I+D pre cápita é ostensibelmente “inferior en Galiza a respecto do resto do Estado”, con máis de 100 euros per cápita de diferenza no último ano.

Adán recalcou que o persoal e gastos en I+D, atendendo ao sector público ou privado foron obxecto de grandes recortes ao igual que “o apoio á modernización, internacionalización e mellora da competitividade e innovación” nun 7,6% que representa, dixo, 7,4 millóns de euros nos orzamentos do ano 2013, pasando de 110,6 millóns de euros a 103,1 millóns de euros.Comisión Rueda

Para a deputada, o balance das políticas de investigación, innovación e desenvolvemento da Xunta de Galiza amosan “un rotundo fracaso” polo que preguntou se ten previsto modificar as súas políticas.

Pola súa parte, o director da Axencia galega de Innovación, Manuel Varela respondeu á nacionalista que os indicadores macroeconómicos deben ser analizados dentro “dunha crise económica” e aínda que a realidade, dixo “non é idílica”, o número de empresas de alta tecnoloxía incrementouse nun 10% no ano 2013 e sobre o esforzo en I+D, Galiza tivo un bo comportamento a respecto do Estado.

A parlamentaria do BNG replicou que a xuventude mellor formada segue emigrando ou accedendo a traballos de baixa cualificación, e pediu a Varela Rey que “non sega torturando os datos” porque nas fabricas galegas “traballase máis e cobrase moito menos”. Adán lembrou que os investigadores e investigadoras mantiveron diferentes reunións cos grupos da oposición para denunciar os recortes e a falta de fondos e estabilidade para a investigación. Vostedes, dixo, non acadaron o obxectivo do 2% do PIB de Investimento de I+D+i e seguimos “moi lonxe de acadalo”.

“A situación non mudou e o número de empresas de tecnoloxía decreceu”, afirmou a deputada.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG