Davila solicita a comparecencia de Tejerina por discriminar ao sector lácteo galego nas axudas

olaia4008A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia da Ministra de Agricultura para que acuda á Cámara a explicar por qué razón escolleu un baremo para fixar o umbral de prezos de leite para acceder ás axudas directas pola crise láctea que exclúa a máis do 50% do sector lácteo galego.

Ademáis, a deputada do BNG presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar.

Olaia Fernández Davila denuncia a exclusión de máis da metade das explotacións gandeiras galegas das axudas directas do Ministerio para paliar os efectos da grave crise láctea. De máis de 9.300 explotacións que hai na Galiza, os cálculos indican que as axudas van chegar ós a unhas 4.000 granxas.

Pón de manifesto que “é de dominio público que o sector lácteo galego foi o máis reivindicativo e que protagonizou as protestas máis masivas do estado. Igual que é de dominio público que é o que percibe os prezos en orixe máis baixos de todo o estado”. “Pero a pesar de todo isto, o Goberno empéñase en facer contas que raian a cicatería. O método elexido para repartir os 20 millóns é outra das trampas contábeis tan habituais deste Executivo, moi aficionado a anunciar pero non a aplicar”.

Non teñen en conta os costes de produción reais

A deputada do BNG reprocha á Ministra a fórmula elexida porque segundo cálculos das organizacións agrarias, o umbral para poder acceder á axuda quedará fixado en torno a 25 céntimos por litro para o conxunto das explotacións. “Sitúase o umbral de prezos a un nivel demasiado baixo cando son miles as explotacións que están sofrindo perdas económicas por producir por debaixo dos custes de produción que rondan os 34 céntimos”.

Davila descalifica a política do Ministerio practicada nesta lexislatura que tilda de “nefasta. E cando a final de mandato parecía que ían reaccionar movidos polas masivas manifestacións de protesta do sector lácteo galego, resulta que voltaron mirar polos intereses das industrias e das cadenas de produción”. Reprocha ao Goberno que “non lle importe o futuro de miles de gandeiros e gandeiras de Galiza, e tamén do resto do estado porque as axudas non chegan nin ao 30% de todo o sector”.

Davila acusa ao Ministerio de “ter decidido que o sector lácteo galego e do resto do estado sexa minimizado. Á luz dos feitos, o seu guión de actuación en relación a este importante sector produtivo de Galiza é o da destrución, o da súa aniquilación”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG