Concordancia entre BNG e PCPG en traballar por unha candidatura galega de unidade para as xerais

Reunión delegacións BNG e PCPG

BNG e o Partido Comunista do Povo Galego coinciden na necesidade de que Galiza teña unha representación soberana no Congreso, a través de grupo parlamentario propio na Cámara Baixa, tras as eleccións xerais previstas para finais de ano e, neste sentido, apostan por unha candidatura unitaria galega de amplo espectro que conte coa participación de todas as forzas políticas e do conxunto da cidadanía que comparta este obxectivo.

Reunión delegacións BNG e PCPG

Nunha reunión entre delegacións de ambas forzas políticas, encabezadas polo secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, e polo secretario xeral do PCPG, Xosé Collazo, as dúas formacións valoraron a trascendecia de que Galiza conte con voz propia en Madrid, nun momento en que está en debate o actual modelo de Estado, que defenda os intereses inmediatos e estratéxicos do noso país.

Esa candidatura de unidade, que demanda unha gran parte da sociedade sen adscrición política algunha, debe ser un instrumento electoral que permita sumar apoios de todos e todas as que desexan que Galiza “conte e sexa protagonista” nun contexto de mudanzas políticas na estrutura estatal.

BNG e PCPG entenden que a candidatura debe ser de ampla e plural, que debe incorporar a todos os colectivos sociais, organizacións e ao conxunto da cidadanía que comparte, desde a diversidade ideolóxica, que unha candidatura galega de unidade nos comicios xerais e a mellor alternativa para que Galiza acade a forza necesaría para exercer os seus dereitos nacionais de forma soberana.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG