O BNG reclama unha comsión de investigación tras a deteción de Aspergillus no Hospital de Vigo

Ante a alarma creada pola aparición de colonias de diferentes tipos de Aspergillus detectadas no novo Hospital de Vigo, o Grupo Grupo parlamentario do BNG reclama a creación dunha comisión de investigación sobre a privatización do control e supervisión do hospital

Montse Prado, portavoz de Sanidade do BNG  no Parlamento

Ademais das deficiencias rexistradas no novo Hospital de Vigo e a  espera do informe definitivo, os resultados preliminares dos análises microbioloxicos realizados revelan a existencia de colonias de distintos tipos de Aspergillus no centro segundo publican diversos medios de comunicación. Ante a alarma creada entre a poboación, o BNG vén de solicitar no Parlamento galego a creación dunha comisión de Investigación sobre este asunto e a privatización do control e supervisión do hospital.

O BNG denunciou en múltiples ocasións o proceso de privatización da Sanidade Pública galega que o PP está a entregar a mans privadas deixando o futuro da mesma hipotecado por moitos anos.

Nesta liña, a deputada e portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado vén de rexistrar diversas iniciativas contra os recortes do novo hospital a respecto do proxecto inicial entre os que destaca, a redución de equipamento, eliminación do laboratorio central, camas, quirófanos, servizos de urxencias, salas de radioloxía...

Para a deputada o novo Hospital de Vigo é a proba evidente “dunha mala calidade na construción e a falta de equipamentos e servizos” como xa teñen denunciado o colectivo de profesionais, organizacións sindicais e usuari@s.

O BNG, a través dunha Proposición non de lei pide crear unha comisión de investigación sobre a privatización do control e supervisión do novo Hospital de Vigo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG