Davila pide a Tejerina que "deixe as súas posicións inamovíbeis" e aumente as cotas de anchoa

olaia4007A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandarlle a Tejerina que “deixe a súa posición intransixente en relación á inxusta distribución das cotas do bocarte na zona IXa, que prexudica enormemente á frota galega de cerco”.

“Dadas as posicións inamovíbeis que acostuma a practicar este Goberno en múltiples temas, vémonos obrigados a volver a dirixirnos ao Ministerio polo malestar existente na frota de cerco galega pola distribución das posibilidades de pesca da anchoa na zona IXa”, sinala Davila.

O BNG denunciou en diversas ocasións a decisión do Ministerio de otorgar á frota do Golfo de Cádiz o 98,86% do total da cota, mentras que deixaba un irrisorio 1,14% á frota galega. Lembra Davila que para xustificar esta inxusta decisión, o Ministerio alegou que se trataba dunha medida temporal e que se comprometía a cambialo en seguintes exercicios.

Ademáis, Olaia Fernández Davila pón de manifesto que “non existe ningún problema de stock da anchoa. De feito, os mariñeiros galegos viron bocarte nas nosas augas, excelente en cantidade e calidade, pero non podían pescalo debido á raquítica cota concedida, que lles nega dereitos históricos”. Engade que se produce o peche na zona Ciem VIIIc xusto cando a especie se atopa nas nosas augas e cunha calidade superior á da zona do Cantábrico.

Davila critica a “cerrazón do Ministerio”

Máis, lamenta a deputada do BNG, “a cerrazón do Ministerio quedou reflexada de novo na comparecencia do Secretario Xeral de Pesca nas sesións para informar sobre os Orzamentos que defendeu a distribución actual”. “Por que non se modificou esta inxusta distribución cando no seu momento se dixo que era unha medida temporal? Cais son as verdadeiras razóns de que se manteña este reparto no 2015? A que se debe cando en realidade non existen problemas de stock da especie que incluso aparace en augas galegas? Como se explica esta situación?”, son algunhas das cuestión que a deputada do BNG dirixe a Tejerina.

Pídelle que teña flexibilidade e aumente as cotas de anchoa para a frota galega “en base aos seus dereitos históricos”.

No que atinxe ao Cantábrico, a deputada do BNG subliña que recentemente o Ministerio comunicou ao sector a posibilidade de otorgar un 10% adicional de cota de anchoa debido á súa abundancia, pero “a semana pasada decidiu pechar provisionalmente o caladoiro comprendido entre Fisterra e o Bidasoa”. Explica que após de receber a notificación de peche, o sector dirixiuse á Secretaría Xeral de Pesca para pedirlle explicacións.

“Non hai problema de stock, hai anchoa en abundancia”, afirma Davila.

“A que se debe o peche provisional do caladoiro comprendido entre Fisterra e o Bidasoa cando se anunciara un aumento do 10% adicional? Reabriuse o caladoiro? Vai o sector galego a poder contar con ese 10% adicional? É posíbel que se remate cunha política pesqueira que castiga constantemente ao sector galego?”, indica a deputada nacionalista.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG