O BNG reclama no Parlamento paralizar a prorroga de ENCE-ELNOSA

As deputadas do BNG, Ana Pontón e Montse Prado rexistran unha proposición non de lei instando ao Goberno galego a esixir do Goberno central “a paralización inmediata” de calquera iniciativa destinada a conceder a prorroga

Grupo Parlamentario do BNG

 Na iniciativa, as parlamentarias nacionalistas reproban as modificacións lexislativas do Partido popular co fin de facilitar que ENCE solicite unha prorroga da concesión que garanta a súa permanencia da ría de Pontevedra.

Prorroga que de concederse, aseguran, significará a privatización encuberta “do dominio público” por moitos anos e con todo o beneficio para unha entidade privada, “contaminante” e que impide o crecemento económico e social da comarca de Pontevedra.

O BNG quere saber que está a negociar o Partido popular coa empresa pasteira para facerlle un agasallo de máis de mil millóns de euros en aforro dunha nova instalación, novos terreos para outra ubicación e deixar de ter auga gratis.

Por outra parte, as deputadas aluden a Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galiza que establece as pautas espaciais de asentamento das actividades relacionadas con políticas sociais, económicas e culturais emanadas da comunidade e do Estado así como as propostas que xurdan dende as entidades locais e no que atinxe a ENCE-ELNOSA determina que: “Requírese unha reordenación dos usos, trasladando cara a ouros emprazamentos instalacións e actividades que non precisan localizarse xunto o mar e que na actualidade significan un elevado custe de oportunidade. É o caso de numerosas actividades industriais, a máis importante das cales é a grande planta de celulosa que limita a conexión de Pontevedra coa marxe meridional da súa ría”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG