O BNG pide un informe no Parlamento sobre a compra dos camións sanitarios

A deputada do BNG, Montse Prado cualifica e “indecente” que o Sergas merque dous camións para intervencións cirúrxicas e prestación sanitaria nos centros de saúde de Ourense

Montse Prado, portavoz de Sanidade do BNG  no Parlamento

 A deputada do BNG, Montse Prado rexistra unha Proposición non de lei na que pide un informe sobre as razóns do SERGAS para a adquisición de dous camións adaptados para a prestación sanitaria por un importe de 2 millóns de euros, o persoal que prestará a atención neses vehículos, ubicación xeográfica dos mesmos e protocolos de actuación.

Para a a parlamentaria, é “indecente” que o Partido popular que goberna a Xunta estea a desmantelar as infraestruturas sanitarias e recortando persoal e medios mentres tenta convencer á sociedade dos beneficios para a Sanidade pública galega dos camións adquiridos.

Prado asegura que estamos ante un “verdadeiro despilfarro” de recursos públicos para  "favorecer algún negocio" e que resulta contrario á mellora da asistencia sanitaria da poboación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG