Paz entrega "terra queimada" a Rosa Quintana para denunciar as súas políticas de abandono do rural

Tras a comparecencia da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana para avaliar a situación do sector lácteo, a deputada nacionalista, Tereixa Paz fíxolle entrega dunha caixa con terra queimada para denunciar as súas políticas de abandono e liquidación do medio rural. Son políticas,dixo, “de terra queimada tamén para o sector lácteo”

Tereixa Paz entrega a terra queimada a titular de Medio rural

 Pleno.- A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz utilizou a quenda de réplica da conselleira de Medio Rural, Rosa Quíntana para facerlle entrega dunha caixa que contiña terra queimada para denunciar as súas políticas de abandono que liquidan o medio rural, “son políticas de terra queimada tamén para o sector lácteo”, afirmou.

Na primeira intervención da nacionalista, tras a comparecencia de Quintan para explicar a actual situación do sector lácteo, considerou que debería ser o propio presidente da Xunta o que dera explicacións no Parlamento galego ante a “situación crítica e dramática” que está a vivir o sector.

A deputada reprobou que a conselleira “leve meses desoíndo o sector” e acusando ao BNG de catastrofista, vostede, dixo, está deslexitimada e nunca asumiu as competencias atribuídas a consellería, “vostede non pinta nada no sector lácteo” e por iso a propia industria do leite fíxolle un plante nunha reunión porque ninguén a considera interlocutora.

A Conselleira escoita a intervención de Tereixa Paz co terra queimada no escano

Para o BNG, este é un problema de país que debería figurar de maneira prioritaria na axenda de Feijóo quen ademais se exercera a súa responsabilidade debería chantarse en Madrid para reclamar solucións.

Sobre as medidas anunciadas pola conselleira, a deputada dixo, que chegan tarde porque “este escenario había que telo preparado antes”. Cada unha das medidas que vai adoptar agora a Xunta,explicou, poden ser positivas para o sector pero as 2.500 explotacións que cobran entre 21 ou 22 céntimos poden converterse nun sector residual e preguntou á titular de Medio rural que está a facer para resolver a situación. A deputada criticou a propaganda da Xunta sobre a entrega de 95 millóns en axudas cando en realidade, dixo, “non foron vostedes os que as regalaron, proviñan da PAC”.

A parlamentaria denunciou a chantaxe a gandeiros con ameazas de non recoller o leite con contratos asinados e asegurou que “as explotacións non queren seguir endebedándose, queren un prezo xusto e digno para o leite”.

A deputada do BNG amosa os datos do sector lácteo do goberno bipartito

O Goberno francés acaba de subir o prezo do leite e vostede debe engancharse a ese acordo para defender aos produtores/as galegos, en troques de apoiar ás grandes empresas e acusar ao franceses de pactar os prezos.

Finalmente, a deputada reclamou do Goberno a posta en marcha “urxente” de medidas eficaces para salvar o sector lácteo “en grave perigo de extinción”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG