Jorquera: “A reforma do Consello de Contas é pura propaganda"

Francisco Jorquera

O portavoz nacionalista denunciou o trámite de varias leis presentadas como “medidas de impulso democrático” cando en realidade pretenden blindar “o bipartidismo”

Jorquera defende as emendas á reforma da lei do Consello de Contas

Pleno.- O BNG rexeitou  o dítame para reformar a lei do consello de Contas debatido hoxe no Parlamento galego por carecer de medidas e medios para reforzar este órgano na loita  e prevención da corrupción.

Na súa intervención, Jorquera lembrou o refrán galego que desaconsella poñer ao “raposo a coidar as galiñas” en alusión a entender a política como simple xogo de aparencias na que o Goberno galego e o propio Feijóo, dixo, é “todo un mestre” e no pleno de hoxe, temos outro bo exemplo.

O PP culmina o trámite de varias proposicións de lei que son presentadas como “medidas de impulso democrático” incluíndo no lote, a reforma do Regulamento deste Parlamento por iniciativa do Grupo socialista, empeñado, recalcou Jorquera, en “facerlle o xogo sucio ao Partido popular”.

A reforma do Regulamento lembra a reforma exprés da Constitución

Para o deputado, a reforma do Regulamento, presentada como “intocable”, modificase agora por vía de urxencia cunha única intención, “blindar o status bipartidista na Cámara e recortar os dereitos dos grupos parlamentares".

Francisco Jorquera

Ademais, engadiu, “o cambalache do PP e o PSOE” pretende repartirse os órganos estatutarios e o Consello de Administración da CRTVG comprometendo a independencia dos mesmos polo que reiterou que “confiar nas medidas de impulso democrático do PP é o mesmo que confiar ao raposo o coidado das galiñas”.

O parlamentario explicou que primeiro procédese a escolla dos candidatos para cubrir as vacantes do Consello de Contas e despois debatese a Reforma da Lei. Nin sequera se agarda a que sexa aprobada para acomodar aos novos conselleiros e moito nos tememos, dixo, que coa reforma será incluído na renovación o Sr. Dositeo Rrodíguez porque de non ser así, “o PP tería esixida xa a súa dimisión”.

Unha lei baleira de contido e medidas

O deputado tamén criticou que a reforma non inclúa aspectos substanciais para dotar ao Consello de Contas de máis medios, reforzar a súa independencia e competencias así como blindar a independencia dos seu persoal. Se isto non se fai así, afirmou, a reforma é “un brinde ao sol e pura propaganda”.

Jorquera defendeu unha emenda para crear unha dirección de prevención da corrupción e outras tantas destinadas a reforzar as competencias do órgano con capacidade de ditar normas “de obrigado cumprimento” en materia de loita contra a corrupción.

Por outra parte, o BNG BNG solicitaba máis capacidade fiscalizadora sobre a evolución dos bens patrimoniais dos altos cargos, así como descentralizar as competencias do Tribunal de Cuentas do Estado para que sexan desenvolvidas polo Consello de Contas, a través de protocolos ou convenios de colaboración.

Finalmente, o parlamentario reivindicou regularizar ao persoal para acabar con situacións de precariedade e interinaxe, “en 30 anos a situación do persoal segue sen regularizar”, concluíu.

Jorquera  anunciou o seu voto en contra á reforma do Consello de Contas e defendeu reforzar este órgano dotándoo de máis medios e competencias.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG