Davila critica "o evidente carácter eleitoralista dos Orzamentos" e advirte que "son os menos fiábes

PLENO SAINDOA portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, realizou unha avaliación dos Orzamentos Xerais do Estado 2016 aprobados este mediodía no Consello de Ministros, presentados polo propio Rajoy, e que serán tramitados neste final de lexislatura, algo inédito na historia democrática do estado.

Nunca un Goberno central se dispuxo a aprobar uns Orzamentos no ocaso do seu mandato, algo que Davila considera “totalmente censurábel porque non ten lexitimidade para deixar hipotecado ao próximo Goberno, que non será do PP”.

“Nunca tiveron credibilidade e agora menos”

Razón que leva á portavoz do BNG a salientar “o evidente carácter eleitoralista que destilan estes Orzamentos de Rajoy para o 2016, o que os convirte nos menos fiábeis da historia. Non teñen credibilidade. De feito, os Orzamentos de Rajoy nunca tiveron credibilidade porque sempre se incumpriron, modificáronse sistematicamente e se retocaron para endurecer os recortes. Sen esquecer os continuos aumentos estraordinarios de gastos en armamento, máis de 4.000 millóns en créditos estraordinarios”.

Así que, “dado o tón eleitoralista das contas presentadas hoxe por Rajoy, son Orzamentos que teñen menos credibilidade aínda”. Ademáis, Davila criticou que “despois de catro anos duros e empobrecedores do Goberno do PP, Rajoy permítese o luxo de amaezar con futuros incertos se Gobernan outros”.

A deputada do BNG ironizou co “enlatado discurso de Rajoy baseado no suposto da recuperación económica e en tratar de vendernos estas contas como os da recuperación. É un engano. Non se pode falar de recuperación cando estamos perante uns Orzamentos que continúan a liña política de austericidio de anteriores exercicios, e cando o teito de gasto se sitúa nun 4,4% menos, o que inevitabelmente supón a mesma política de adelgazamento do Estado de Benestar, de menos sanidade pública, menos educación pública e menos servizos sociais”.

Uns Orzamentos de recuperación deberían ser expansivos en sanidade, educación e servizos socias e eliminar así os recortes

Davila salienta as contradicións do Goberno Rajoy “porque non son os Orzamentos expansivos que cabería agardar dunha fase de recuperación. Hai unha contradición enorme entre o discurso da recuperación e estes Orzamentos”. Ademáis, recalca que se “basean en previsións ficticias de creación de emprego, de aumento do PIB e do consumo. Mentras se fala de máis postos de traballo manténse o défice da Seguridade Social, sen que se presenten alternativas para correxilo”.

A deputada do BNG “cualificou de irrisoria a suba do 1% nos salarios dos empregados públicos cando ao longo desta lexislatura perderon un 20% de poder adquisitivo”. De igual xeito, tildou de “anecdótico o aumento do 0,25% das pensións que na práctica supón a súa conxelación. E no que atinxe á taxa de reposición, sinalou que “segue a ser insuficiente dado o enorme desmantelamento de postos de traballo que Rajoy perpetrou na sanidade, na edudación e noutros eidos públicos. En catro anos non se cubriron as vacantes, co cal o que propoñen está moi por debaixo do necesario”.

A portavoz do BNG censurou “a maneira de proceder deste Goberno que non ten lexitimidade para presentar uns Orzamentos de última hora e hipotecar o futuro do seguinte Goberno” e denunciou que se “utilicen as contas públicas como se fosen programas eleitorais”.

A corrupción

Ademáis, Davila reprochoulle a Rajoy a inutilidade das medidas contra a corrupción das que presumiu o Presidente na súa comparecencia. “A corrupción sigue campendo no seu partido baixo a permisividade de Mariano Rajoy. Continúa imperando sen que a día de hoxe adoptase unha decisión que demostrara realmente intención de castigar aos corruptos do seu partido.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG