Davila critica a Rajoy "por facer eleitoralismo de última hora" e advirte que "non ten credibilidade

bng4004A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, realizou hoxe unha dura crítica a Rajoy por “utilizar as institucións para facer eleitoralismo e propaganda de última hora”, en alusión á rebaixa do IRPF, adiantando a súa aplicación a este exercicio 2016 cando “sempre falou de facelo para o ano 2016”.

Para a portavoz do BNG “Rajoy non ten ningunha credibilidade. Ninguén confía xa na súa palabra porque se adicou toda a lexislatura a aprobar e a aplicar uns recurtes bárbaros, dramáticos para moita xente. Agora reduce o IRPF mentras mantén os recurtes que seguimos soportando en importantes eidos como a sanidade, a educación ou os servizos sociais”. Sinalou que “é o artífice de que teñamos unhas taxas de probeza nunca vistas”.

Davila minimizou o alcance da medida que entrou en vigor o 1 de xullo, subliñando que “non vai ter grandes repercusións nos petos da xente, pero que si vai ter un impacto importante nos ingresos do estado.”. Para a deputada do BNG o xeito de facer política do PP “é dunha enorme hipocresía. Pensa que nos engana con caramelos, mentras deixa de lado o fundamental. Os recurtes siguen vixentes en sanidade, educación e servizos sociais, e a xente segue a vivir con salarios moi reducidos”.

“O PP é especialista en manipulacións económicas”

Ademáis, a portavoz do BNG alertou sobre as manipulacións de dados económicos do Goberno do PP que “a mediados de ano ten por costume vaticinar un medre do PIB que non se corresponde cos dados reais a final de ano. Agora falan dun crecemento do 3%. Invéntanse unha suba do PIB para vender un “mundo idílico inexistente” e que logo é superado pola realidade. Non hai ano que non tiveran que correxir a previsión de medre do PIB. É outra das súas bandeiras para facer eleitoralismo barato”.

Davila salienta as “falsedades do PP e as súas manipulacións de dados económicos. Son únicos facendo ofertas eleitorais de última hora cando están aplastando á xente co seu austericidio. Se tiveran tido auténtico interese en remediar a súa nefasta política, teríano feito antes. Véselles o plumeiro demasiado”.

En relación ao anuncio de Rajoy de tramitar os Orzamentos do Estado, Davila advertiu que “o PP vai plasmar as súas mintiras eleitorais nos Orzamentos. Vai utilizar de xeito partidista os Presupostos para presentarnos un mundo de fantasía, cando todo o mundo sabe que nunca os cumpriu, que foron modificados cada ano por Reais Decretos e que non teñen credibilidade. Son papel mollado”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG