Davila pide a Tejerina medidas para recoñecer ás sociedades mixtas como empresas europeas

bng4004A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar dirixida á Ministra de Agricultura para que adopte as medidas oportunas co obxecto de que ás sociedades mixtas de pesca se lles recoñeza como empresas europeas.

A parlamentar do BNG sinala que “non é a primeira vez que facemos esta solicitude ao Ministerio a fin de que atenda unha vella demanda das sociedades mixtas”. Subliña que este tipo de empresas “xeneran un importante volume comercial, de feito son as responsábeis nunha porcentaxe moi alta de que o porto de Vigo mova 900.000 toneladas de pesca ao ano”.

Máis, lamenta, “ficaron á marxe da reforma da Política Común de Pesca, a pesar da recomendación do Parlamento Europeo de proceder ao recoñecemento das inversión comunitarias en terceiros países como empresas europeas”.

Traslada á Tejerina as queixas de representantes de sociedades mixtas con capital galego que “non comprenden que empresas chinas, coas que comparten base exterior en Arxentina, desfruten da exención de aranceis cando teñen que enviar os seus produtos ao país de orixe, mentras que as europeas vénse obrigadas a pagar un arancel do 23%”.

Recalca Davila a importanza de que se lles recoñeza como empresas europeas, razón pola que formula unha serie de preguntas á Ministra: “Coñece a Ministra as demandas das sociedades mixtas con capital galego para que se lles recoñeza como empresas europeas? Qué posición ten o Goberno perante esta vella reivindicación? É consciente o Goberno de que se atopa en clara desventaxa con empresas doutros países como China?

Vai a Ministra a satisfacer esta petición?”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG