O BNG, a favor dunha celebración unitaria do Día da Patria de todo o nacionalismo galego

Consello Nacional

O BNG comparte a proposta xa expresada por diferentes voces do ámbito político, cultural e social do país instando a facer unha celebración unitaria do Día da Patria a todo o nacionalismo galego, organizado e non organizado, formacións políticas, colectivos, persoas a título individual e cidadanía no seu conxunto que compartan o sentimento de Galiza como nación.

Consello Nacional

Neste sentido, o Consello Nacional do Bloque aprobou na última reunión favorecer e sumarse a esa desexable celebración unitaria do próximo 25 de Xullo, incluíndo a posibilidade de modificar o tradicional formato do BNG nesa cita anual emblemática, que conclúe coa intervención política do máximo responsable da formación nacionalista na Praza da Quintana.

En todo caso, o Bloque fíxase como demanda política para o Día da Patria a defensa dos dereitos nacionais de Galiza na perspectiva dun novo contexto que, previsiblemente, se abrirá no conxunto do Estado. Igualmente, celebrará a súa propia campaña por todo o país con actos festivos arredor da idea da “unidade” de Galiza e celebrará tamén o habitual certame do Festigal, dúas xornadas de conferencias, debates, intercambio de ideas e música na Alameda compostelá.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG