O BNG vota en contra do aumento do gasto militar e acusa ao Goberno de "militarista"

SENTADAS ESCANOA portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna a deixar claro o voto en contra do BNG ao Real Decreto polo que se concede un crédito estraordinario de 856 mllóns para o pagamos de Programas Especiais de Armamento.

Davila utilizaou a ironía para criticar ao Goberno por traer un crédito estraordinario destinado a Defensa cada ano. “Vostedes colleron a moda de traer cada ano un Real Decreto para aumentar o gasto en defensa, e levamos xa máis de 4.500 millóns de euros”.

Mentras tanto, subliñou, “vostedes teñen o atrevemento de vendernos que o Goberno reduciu o gasto en Defensa nos Orzamentos do Estado”. Acusou ao Goberno de facer un “orzamento fulleiro” e “traen pola vía de urxencia algo que é ordinario porque o fan cada ano”. Se din que teñen que pagar 37.000 millóns de euros para o periodo 2025-2030 “por compromisos adquiridos”, por que non o fan nos Orzamentos?”.

Priorizan o gasto militar por riba das persoas

Recriminou ao PP que no momento actual non priorice ás persoas por riba de todo. “As persoas deberían estar antes, pero vostedes optan por investir máis en armamento”. Lembrou que o estado español é o segundo, despois de EE.UU, que máis inviste en investigación militar. “Mentras que destaca por ser o primeiro en investir menos en investigación civil. Este é un Goberno militarista porque é falso que queiran estar ao servizo das persoas”.

Reprochou ao Goberno que á vez que aumentaron desmesuradamente o gasto militar, reduciron o gasto social. Nesa liña, lembrou a reducción de máis de 5.000 millóns de euros nos pagos a prestación a desempregados, e que deixasen fóra a moita xente desprotexida.

“Vostede, Señor Montoro, acusounos de trasnoitados por ser anti militaristas. Somos anti belicistas porque cremos na paz. E saiba que o máis importante para garantir a paz é a distribución da riqueza. Pode parecer unha utopía, pero a paz non se acada armando exércitos para facer a guerra”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG