O BNG protesta contra o recorte de dereitos parlamentarios retirando a pregunta a Feijóo

Grupo Parlamentario do BNG

 Jorquera reprobou o “cambio antidemocrático” das normas da Cámara que recorta  dereitos de deputados e deputadas, grupos parlamentarios e da propia  sociedade que non pode trasladar as  súas demandas ao  Parlamento

Jorquera anuncia a retirada da pregunta en sinal de protesta polos recortes

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera renunciou hoxe a formular a pregunta a Núñez Feijóo “en sinal de protesta” polo recorte de dereitos dos deputados e grupos parlamentarios.

Jorquera explicou que o que acontece no Parlamento non é “alleo” aos recortes dos dereitos que padece o conxunto da sociedade e recortando os dereitos dos deputados e grupos parlamentarios, recalcou, “estase conculcando o dereito dos seus representados a trasladar todas as demandas da sociedade a esta Cámara”.

Presidindo os nosos escanos, indicou o deputado, está o lema “Non ao recorte a Democracia, non nos calarán” e lembrou que dende os tempos de Manuel Fraga Iribarne, neste Parlamento é a segunda vez que se da a circunstancia “anómala” na que non todos os grupos parlamentares poden formular a pregunta ao presidente como resultado dun cambio “antidemocrático” das normas que non se axusta nin a composición da propia Cámara. Os recortes parlamentares, engadiu, motivou que o BNG presentara un recurso ante Tribunal Constitucional, un recurso, non para defender o noso dereito a formular preguntas de control ou ter máis iniciativas, “fixémolo para defender os dereito de todos os deputados e as deputadas, os grupos parlamentarios e a propia sociedade”, sentenciou.

Feijóo responde á pregunta retirada

Feijóo fai caso omiso a retirada e responde á pregunta

Núñez Feijóo iniciou a resposta á pregunta retirada polo BNG afirmando ser o presidente da Xunta que máis preguntas leva respondido o que provocou que Jorquera pedira a palabra á Presidenta da Mesa para repetir que “a pregunta estaba retirada”, respondendo a presidencia da Mesa que o Presidente ten dereito a responder. Ante o argumento de Pilar Rojo, Jorquera reiterou que o BNG retirara a pregunta e que Feijóo non debía responder a unha pregunta retirada. A insistencia de Jorquera de tomar a palabra por alusións de Núñez Feijóo provocou que Pilar Rojo amoestara ao portavoz do BNG, cunha chamada a orde.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG