O BNG leva de novo ao Parlamento o conflito do profesorado dos cursos CELGA

A deputada, Ana Pontón fixo unha pregunta ao Goberno sobre as sentenzas favorables á reincorporación do profesorado que impartía cursos CELGA para adultos

Ana Pontón

 Pleno.- Na pregunta ao Goberno sobre as previsións ante as sentenzas referidas á reincorporación do profesorado que impartía cursos CELGA para adultos, a deputada do BNG aludiu a unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza onde queda probado que a Xunta “cambiou os cursos CELGA no momento no que as reclamacións dos profesores estaban empezando a ter acollida” tomando esa medida para “deixar fora” aos profesores beneficiados polas denuncias sindicais.

Pontón acusou á Xunta de actuar “con represalias” contra os traballadores e traballadoras que reclamaban os dereitos que a lexislación lle recoñece. A deputada tamén acusou ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez de apoiar ao seu secretario xeral que despediu “ilegalmente” ao profesorado.

Estamos a comprobar, dixo, que a vostede non lle preocupa que haxa unha importante parte de xente que non ten os cursos CELGA e sabe ademais que a oferta nas escolas de idiomas é moi reducida e son moitas as persoas que precisan dos cursos para acceder á función pública e que non teñen a oportunidade de cursar os CELGA.

Ana Pontón

Por outra parte lamentou a falta de preocupación do conselleiro pola ensinanza do galego para adultos e a súa redución como consecuencia dun proceso no que o PP e a Xunta negan un conflito no que levan gastado cerca de un millón de euros e que de seguir pola vía xudicial, “aínda nos vai a saír máis caro”. Queremos que deixen de xudicializar este proceso e que tod@s os profesores/as con sentenzas favorables formen parte da listaxe de contratación. Acaten as sentencias, concluíu a nacionalista.

O conselleiro anuncia 30 novos cursos CELGA con profesorado que teña recoñecida a laboralidade por parte da Consellería

Pola súa parte, o conselleiro afirmou que o sistema CELGA será estabilizado pero as consecuencias xurídicas, “son descoñecidas polo momento” e hai que agardar e os cursos CELGA foron ofertados polas Escolas de Idiomas e por profesorado público, afirmou Román Rodríguez.

O conselleiro anunciou que será elaborada unha listaxe para impartir novos 30 cursos CELGA do que formarán parte todos aqueles profesores que teñen recoñecida a “súa laboralidade”, por parte da Consellería.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG