Adán a Rueda: "A violencia machista para vostede é un trámite"

A deputada do BNG acusou ao Vicepresidente de utilizar “a mesma nota de prensa” para rexeitar a morte da muller asasinada no Hospital de Ourense que a de outra vítima por violencia machista en Vigo no mes de febreiro

Carme Adán

 Pleno.- No debate dunha pregunta parlamentaria ao Goberno formulada polo BNG, a deputada , Carme Adán fixo unha lectura literal da nota de prensa emitida por Vicepresidencia o día do asasinato de Isabel Fuentes a mans do seu home no Hospital de Ourense cando se atopaba ingresada para recuperarse dun un anterior ataque machista no seu domicilio polo mesmo agresor.

Para vostede, dixo a deputada do BNG dirixíndose ao Vicepresidente , Alfonso Rueda, “a violencia de xénero é un trámite” e mostrou unha nota de prensa idéntica á emitida o día do asasinato de Isabel Fuentes pero referida ao asasinato doutra muller en Vigo no mes de Febreiro do ano pasado. O seu departamento, recalcou Adán, “só mudou o nome da vítima” polo que pediu unha investigación do acontecido ou ben a dimisión da Secretaria xeral de Igualdade.

Carme Adán asegurou que todos os protocolos faiaron e reiterou que o asasinato de Isabel Fuentes acoitelada nun centro público da Sanidade Galega “esixe unha investigación”.

Carme Adán

A deputada reiterou que o asasinato de Isabel Fuentes merece ser investigado por todo o ocorrido e non ser despachado “cunha simple nota de prensa”. Non sei se vostede pode durmir tranquilo despois do fracaso de dúas leis para a protección das vítimas e o asasinato dunha muller que estaba nun centro público de Saúde.

Aquí non vale dicir que as leis existen, alguén terá responsabilidade de que esta muller fora acoitelada no Hospital e as súas notas de prensa constatan que a violencia machista para vostede “ é un trámite”, concluíu a deputada.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG