Vence: “votar BNG é encher Galiza de concellos honestos e orgullosos, nos que vivir e traballar”

Ao electorado indeciso: “Somos a única opción de país que planta cara para derrotar ao PP, palmo a palmo, desde todos os concellos”

Salienta o compromiso público de converter aos concellos do BNG nun contrapoder ás políticas devastadoras da dereita”

Serafín Otero chama a facer realidade o cambio de rumbo en Vigo o 24M

IMG_7985Peche de campaña en Vigo, onde o portavoz nacional, Xavier Vence, instou a todos os galegos e galegas a “aproveitar a oportunidade” que brindan as urnas para derrotar ao PP o 24 de maio.

“Temos a oportunidade de derrotar a corrupción e os recortes, de derrotar as políticas de privatización de servizos públicos, de derrotar un PP radicalmente antisocial e antigalego. Este domingo temos a gran oportunidade de mudar a desesperación por ilusión e futuro na nosa terra, empezando a construír un país novo desde os concellos”, proclamou Vence.

O dirixente nacionalista instou ao electorado indeciso a que non fique na casa, -“votar o 24M para no arrepentirse de resultados inesperados o 25”-, e argumento as razóns para coller a papeleta BNG-Asembleas Abertas. “Porque o teu voto ao BNG ten un dobre valor: é clave para derrotar ao PP e é clave para construír un proxecto nacionalista no conxunto do país”, explicou.

Neste sentido, Vence, subliñou que o Bloque “é a única alternativa nacionalista que lle disputa o terreo palmo a palmo ao PP desde os concellos”, porque Galiza constrúese desde os 314 cidades e vilas, “sen cantonalismos” e “sen improvisación de última hora”.

Reiterou o compromiso público do BNG de que todos os concellos baixo goberno nacionalista a partir do 24M “serán un contrapoder ás políticas devastadoras do centralismo e da dereita” concellos libres de desafiuzamento, de pobreza infantil e de pobreza enerxética, libres de corrupción e intolerantes contra a corrupción, e impulsores da lingua e da cultura do país..

Vence pediu o voto para as candidaturas nacionalistas co “aval” do traballo feito nos concellos nos que goberna, un “modelo de concellos BNG” quere estender por toda Galiza. “Votar BNG-Asembleas Abertas é votar por concellos democráticos e honestos, concellos nos que vivir e traballar, concellos dinámicos con oportunidades para a xente nova, concellos socias, públicos e orgullosos do noso”, argumentou.

DSCN7726“Este modelo de concello xa existe, -en Pontevedra, Allariz, Carballo, Ribadeo, Tomiño, Rianxo, Bueu, Riotorto,...- demostramos que é posible alí onde gobernamos e queremos encher Galiza destes concellos o 24 de maio”, recalcou.

O candidato á Alcaldía de Vigo, Serafín Otero, instou a cidadanía da cidade olívica a poñer fin a catro anos perdidos. “Un cambio nas políticas e nas maneiras, que poña por diante as necesidades do pobo, da maioría social que representa a clase traballadora”.

Hai que rematar coa “política escaparate” onde a propaganda prima sobre “as urxencias das persoas” nunha cidade con máis de 32.000 parad@s e 50.000 veciños e veciñas baixo a ameaza da exclusión social.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG