Pontón tacha de “Cosmopaletismo oceánico” a política cultural da Xunta

A deputada do BNG, Ana POntón  criticou a ausencia do CGAC na programación destinada a internacionalizar a Cultura galega

Ana Pontón

 Tras a comparecencia do Secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo para informar das previsións para a promoción exterior da cultura galega, a deputada do BNG criticou a ausencia do CGAC no programa de internalización. “Vostedes, tómanos por parvos e parvas” dicindo que o Centro Galego de Arte Contemporáneo está a perder prestixio no ámbito internacional, só por esa afirmación, dixo, Pontón, “vostede non merece ocupar o seu cargo”. Para a deputada, a comparecencia de Lorenzo constata o descoñecemento da importancia dos centros dos que é responsábel.

Dicirnos que o proceso para a elección do novo directo do CGAC é transparente e conforme ao dereito cando despois de resolvelo se paraliza todo e fan unha nova proba que non aparecía inicialmente nas bases, “é o colmo do esperpento e unha trapallada”.

O PP concibe a cultura baixo o prisma do “cosmopaletismo oceánico”

Se o Centro Galego de de Arte Contemporáneo, como vostede dixo, “non é unha peza básica na difusión e internalización da nosa cultura” o que demostra a Xunta é o “seu cosmopaletismo oceánico”. A súa comparecencia, afirmou a deputada , é unha declaración de que “non teñen “ningún proxecto cultural” e con políticas de “desprezo” aos elementos dinamizadores da nosa cultura.

Ana Pontón

Por outra parte, a deputada tamén subliñou que as exportación culturais galegas só alcanzaron no último ano a cifra de 4,2 millóns de euros e cunha tendencia “ descendente” e criticou que a Xunta , a tenor destes datos, sega mantendo que a internalización “é un éxito”.

Hai que ter unha estratexia interna para exteriorizala

A parlamentaria considerou que a Xunta está a converter o CGAC “nun elemento accesorio” no panorama cultural galego cando tiña que ser unha peza fundamental, porque unha cultura moderna como a galega precisa dun centro que potencie as nosas creacións e sexa un elemento de internalización da cultura galega.

A deputada insistiu nos recortes do PP aos distintos sectores culturais baixo a escusa da austeridade. Neste sentido, lembrou que a Xunta “oprime a cultura galega” e máis aínda nun momento de crise no que debería ter un maior apoio.

Hai que ter unha estratexia interna para poder externalizala, e dificilmente se poderá facer cando no sector do libro no ano 2010 publicáronse en Galiza 4.754 e no 2013, 2.494 libros, pero se falamos da edición do libro en galego, no ano 2010, 2.544 títulos e no 2013, 1.426. A nós isto preocúpanos e sabemos que a vostede non porque xa declarou “á lingua galega inimiga nº 1” concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG