Rosana Pérez demanda a Ana Pastor vagóns adaptados para persoas con movilidade reducida no Eixo

_J0C8763A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou hoxe unha iniciativa parlamenta dirixida ao Ministerio de Fomento para demandarlle que os novos trens Avant 121 conten con accesos adaptados para persoas con movilidade reducida.

Ademáis, demanda a deputada do BNG, un aumento do personal destinado ao servizo Atendo xa que “non se pode ter a unha única persoa para axudar a subir a persoas con dificuldades en apenas cinco minutos que poida durar unha parada”.

“Ao PP só lle preocupa inaugurar a toda presa”

Critica Rosana Pérez que o Eixo Atlántico se inaugurase “a toda presa co único obxectivo de telo operativo en periodo eleitoral dada a proximidade das elecións municipais do 24 de maio, e dadas as malas expectativas do partido no Goberno”. Lembra Rosana Pérez que o Eixo Atlántico se puxo en marcha sen ERTMS, con advertencias de Renfe aos maquinistas sobre o control de velocidade debido ás deficiencias na sinalización en diversos “puntos singulares”, e por riba, con trens que carecen de accesos adaptados para as persoas con movilidade reducida, que levan carros de bebés ou que deben moverse en sillas de rodas.

Personal insuficiente no servizo Atendo

A cousa aínda é susceptíbel de compricarse máis polas deficiencias do servizo Atendo. “Un servizo que só funciona se se solicita con 12 horas de antelación. Algúns cidadáns afectados queixáronse pola falla de adaptación de trens, e Renfe conminounos a utilizar o servizo Atendo que como é evidente resulta impracticábel. Ninguén programa con tanta antelación viaxes ferroviarios de proximidade ou imprevistos que xurden”.

A deputada do BNG traslada á Ministra de Fomento as queixas e demandas de usuarios afectados. Pón de manifesto a “súa sorpresa porque trens modernos como son os novos Avant 121 non teña vagóns adaptados. É máis, caracterízanse pola estreitez das portas e por ter as escadas máis altas”. Considera a deputada do BNG que Renfe está a demostrar “unha total falla de sensibilidade ao obviar este tema cando adquiriu o material rodante”.

“Poucos acadamos a entender que os trens Avant 121 carezan de polo menos un vagón adaptado ás necesidades de acceso das persoas con movilidade reducida”. Recrimina a falla de persona adicado ao servizo Atendo e o exemplifica co que sucede na estación de Vilagarcía onde unha única persoa debe atender “en apenas uns minutos a todas as persoas necesitadas de axuda para subir ao tren”.

Rosana Pérez recrimina ao Ministerio por presumir a cada pouco dos dados de incremento de viaxeiros no Eixo, “que debería servir para mellorar situacións como a descrita a fin de dar un servizo óptimo aos usuarios”.

A parlamentar do BNG dirixe unha batería de preguntas a Fomento para pedirlle explicacións por “este clamoroso esquecemento” e para demandarlle que inclúa vagóns adaptados nos novos trens Avanta 121 do Eixo Atlántico, ademáis de instarlle a aumentar o personal destinado ao servizo Atendo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG