O BNG reclama que se regularice a situación dos emigrantes retornados galegos

 Tereixa Paz acusou ao Partido popular de “deixar ao pairo” a miles de galegos e galegas que traballaron no estranxeiro e aos que Facenda lles esixe tributar cando non teñen obriga, na maior parte dos casos

Intervevnicón de Tereixa Paz

 Pleno.- A deputada do BNG, Tereixa Paz volveu pedir hoxe a “devolución dos cartos indebidamente cobrado aos emigrantes retornados galegos en concepto de cobro de cantidades indebidas, sancións e xuros.

Na súa intervención reclamou cumprir o acordado no Parlamento galego e non converter “nun medidor de apoio” a Moción tras as moitas declaracións do Partido popular que só representan “palabrería” e pediu que o apoio vaia acompañado de feitos que resolvan os problemas das persoas pensionistas emigrantes retornados.

Por agora, dixo, os únicos feitos do PP circunscríbense á aprobación unánime dunha proposición non de lei que o BNG apoiou no seu momento como punto de partida de mínimos. Dende aquela, 11 de setembro do 2013, fóronse detectándose novos problemas pola falta de respostas ás persoas afectadas, engadiu.

O segundo feito do PP foi a aprobación da reforma fiscal do Estado español así como dúas cartas da Xunta remitidas a Axencia tributaria pero tamén hai outras iniciativas do BNG sobre este asunto que foron sistematicamente “tombadas” polo Partido popular destinadas a solucionar o conflito.paz 1

Ónde e cándo se modificou a Lei do ano 2006 para adaptala a situación dos emigrantes retornados?.O único publicado da lei establece que as persoas retornadas deberán tributar o IRPF con arreglo á normativa vixente e establecer un prazo de 6 meses para a regulacións consonte a mesma literalidade da Lei 35 do 2006, polo tanto, dixo, unha “burda manipulación”. Por iso, o BNG defende esta moción na que comprobaremos se existe un “verdadeiro compromiso” do PP cos emigrantes retornados e votará a favor de: Derrogar o prazo para que os retornados que non fixeron a declaración nos últimos catro anos a poidan realizar sen ningún tipo de sanción durante un período excepcional no que tamén se inclúe a devolución das sancións e recargas ás que foron sometidos.

Tereixa Paz lamentou que a portavoz do PP, Herminia Pouso Maneira asegurara que os retornados “non eran defraudadores fiscais” aínda que para a nacionalista, Pouso non o dixo con total convencemento.

A deputada remarcou que existe “un verdadeiro caos” polo que propuxo modificar a lei para regular, de forma clara, “as obrigas e deberes de todas as persoas con pensións percibidas no estranxeiro cun réxime tributario igualitario e non discriminatorio para os retornados” e poñer en marcha o recoñecemento das invalideces.

Finalmente na votación da inciativa do BNG foron aprobados os puntos:

 

“3.- Poñer en marcha un mecanismo áxil para o recoñecemento de oficio por parte dos órganos competentes do estado español das resolucións de invalidez a favor dos e das emigrantes retornados feitas nos Estados de orixe.

 

4.- Asumir o contido das sentenzas xudiciais que en virtude do artigo 19 de tratado bilateral hispano-alemán vixente até o 31de decembro de 2012, que exime de tributación no Estado español as pensións percibidas en Alemaña antes do exercicio 2013 e que en consecuencia se proceda á devolución de oficio, e dentro do actual ano fiscal, das contías ingresadas polas persoas afectadas en concepto de imposto sobre a renda das persoas físicas.”

Tereixa Paz reiterou que o BNG seguirá traballando para modificar a lei que discrimina ao colectivo de emigrantes retornados.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG