O BNG pide elevar a rango de Lei o Plan de Normalización da Lingua galega

Parlamento galego

A parlamentaria do BNG, Ana Pontón reclamou o compromiso da Cámara galega para que o galego ocupe o lugar que perdeu dende que goberna Feijóo e  Partido popular e afirmou que agora o PP, tacha de "artefacto nacionalista" o plan inciado e impulsado por Manuel Fraga.

Ana Pontón defende a lei do Galego

Pleno.- A deputada do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe unha Proposición de lei para rematar coas políticas de marxinación e discriminación da lingua galega. Defendemos,dixo,“o remate da política necia e antigalega que instaurou o Partido popular coa vitoria do Sr. Núñez Feijoo”.

Na súa intervención, a deputada explicou que a iniciativa do BNG pretende converter “en Lei” o Plan Xeral de Normalización da lingua galega” e esta, dixo, non é só unha proposta do Bloque Nacionalista galego, e tamén unha iniciativa de todas as persoas que traballaron para elaborar esta lei, as persoas que naquel momento apoiaron unanimemente o Plan xeral no Parlamento e para dar resposta á demanda de diversos colectivos como: Queremos galego, A Mesa, Prolingua, Coordinadora de traballadores pola Normalización Lingüística, Consello da Cultura e Real Academia galega.

O Galego con menos dereitos que o resto das linguas

Reclamos para a lingua galega os mesmos dereitos que as do resto do mundo. O galego está atravesando o “peor momento da súa historia”, porque somos a única lingua do Estado que perde falantes.

Ana Pontón

Ante esta situación, considerou que o preciso é actuar e a mellor forma de facelo e acolléndonos ao xa acordado e que sigue vixente a día de hoxe, e “o Plan Xeral é a base para avanzar” é tamén defender “a democracia e dignidade do Parlamento” porque incumprir os acordos da Cámara galega é “burlarse da democracia e converter o Parlamento nun apéndice inútil”

A parlamentaria lembrou que hai dez anos da aprobación do Plan Xeral, e máis de seis que Feijóo, “decidiu enterralo” demostrando que é “especialista en dinamitar acordos”.

Estamos afeit@s a escoitar como o Partido popular fala de consensos para logo “rachar, incluso os acordos de mínimos” tanto no Parlamento como con representantes sociais e persoas cun importante traballo en defensa da lingua galega. Preferiron vostedes apuntarse, dixo, “a unha campaña de ultradereita, española e facerlle un escrache a lingua galega”. Prefiren aliniarse cos que atacan a lingua do pobo en vez de defender as leis e a dignidade país.

O galego no peor momento da súa historia

Os resultados son visíbeis, o galego atravesa o peor momento da súa historia, e nos últimos anos a humillación aos galego falantes está chea de exemplos nos que o castelán “engule” a lingua galega en moitos planos da nosa vida social e con represión e desprezo cando se require o seu uso.

Parlamento galego

Neste sentido, denunciou casos de persecución e negación do dereito ao uso do galego entre os que destacou o dunha rapaza que busca traballo e que lle foi negado coa frase “como pretendes que te contrate si entras aquí hablando gallego!.

Feijóo especialista en dinamitar os consensos

Que fixo o goberno Feijóo ante o que está a acontecer?. Feijóo fixo unha auténtica “contrareforma de demolición contra o galego”, retrocedeu de xeito alarmante a escasa protección e amparo do galego e desmantelar as equipas e medios a favor da normalización.

Hoxe o orzamento da Xunta para apoiar o galego non chega aos 6 millóns de euros, “a metade dunha décima do orzamento”,moi lonxe do apoio do castelán. “Só o Instituto Cervantes conta con 114 millóns mais” mentres o galego non recibe nin o 5% desa cifra.

Por outra parte, a deputada cualificou de “fracaso e estafa o Decreto do plurilingüismo” que privilexia a centros privados, 56% fronte aos 44%, cunha “política necia que non avanza nas ensinanzas das linguas estranxeiras”.

A parlamentaria concluíu a súa intervención defendendo medidas que impulsen o uso do galego nos medios de comunicación, no sector das industrias culturais, na economía, sanidade e xustiza e en todos aqueles ámbitos que nos permitan poder vivir de maneira cotiá na nosa lingua.

Finalmente o Partido popular votou en contra da Proposición de lei do BNG por considerala “inútil” e querer transformar as regras do Plan de Normalización da lingua galega en “Norma”.

 O PP retratase hoxe votando en contra da iniciativa do BNG, “non teñen palabra e ningunean o Parlamento” e agora tachan de "artefacto nacionalista" o plan inciado e defendido  por Manuel Fraga.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG