O BNG presenta "trinta medidas" para atallar a corrupción

Tereixa Paz

Francisco Jorquera, Tereixa Paz e Ana Pontón cualifican de “zombi” a Comisión de Estudo para a prevención e erradicación da corrupción política, “morta dende hai 586 días”, por decisión do Partido popular

Rolda de prensa de Francisco Jorquera, Aan Pontón e Tereixa Paz

 O grupo parlamentario do BNG presentou hoxe, ante os medios de comunicación, trinta medidas a través dunha proposta de ditame da comisión de Estudo para a prevención e erradicación da corrupción.

O deputado, Francisco Jorquera e as deputadas Ana Pontón e Tereixa Paz cualificaron a comisión parlamentaria constituída no ano 2013, de “zombi” e de estar “morta dende hai 585 días” por decisión do Partido popular.

Feijóo e o PP cómplices nos  casos de corrupción

Para o portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera, Feijóo e o grupo popular pretendan presentarse ante este Parlamento como “paladíns da loita contra a corrupción” e de impulso democrático, é o mesmo que se “un raposo pretende ser o coidador das galiñas”.

As propostas do PP contra a corrupción, afirmou Jorquera representan “unha política de aparencias” para encubrir a súa inacción e total “conivencia” con múltiples casos de corrupción. As súas propostas, insistiu, consisten en anunciar unha nova lei de transparencia cando o actual goberno a incumpre sistematicamente e unha reforma do Consello de contas para impulsar a loita contra a corrupción pero se dotalo de “recursos e medios” para as novas competencias que se lle pretenden atribuír.2

Jorquera tamén se referiu a lei de financiación de partidos políticos coa novidade de negar as axudas públicas ás forzas que perciban doazóns privadas cando en realidade, “esas subvencións son inexistentes” así como outras grandes medidas de impulso democrático do PP que cualificou de “tomadura de pelo” entre as que destacou a proposta para que os cidadáns poidan promover preguntas e proposicións non de lei pero sen contemplar que sexan debatidas polos promotores porque deberán se os grupos parlamentarios os decidan o debate con cargo á cota de cada grupo, cota, dixo “debidamente recortada como no caso do BNG”.

O portavoz do grupo parlamentario denunciou o veto do PP a crear comisións de investigación, secuestrar a comisión das Caixas de Aforro e paralizar a comisión contra a corrupción e o PP segue mantendo que “a corrupción é algo intrínseco a condición humana” e non un problema estrutural e dunha determinada concepción de poder gobernando para lobys económicos.

A comisión contra a corrupción é un “zombi” creado polo PP

A parlamentaria Ana Pontón explicou que a comisión contra a corrupción só traballou durante seis meses sobre propostas exclusivas do Partido popular, “vetouse en reiteradas ocasións a comparecencia de Feijóo nos numerosos casos de corrupción que salpican ao Partido popular” e comprobamos como a comisión leva “586 días sen convocatoria algunha” para loitar contra a corrupción nas nosas administracións.

Intervención de Ana Pontón

Na práctica, engadiu, a comisión está secuestrada e incumpre todas as normas, “é un zombi” e leva “586 días morta”. A deputada reiterou que as medidas do BNG entregadas a Núñez Feijóo e a Mesa do Parlamento, “seguen sen resposta”.

Neste sentido, salientou que as medidas do BNG van encamiñadas a protexer a representación pública da influencia de grupos de presión, evitar as portas xiratorias, reverter as privatizacións das políticas e servizos públicos e blindar de sobrecustes a obra pública ademais de medidas para perseguir de maneira efectiva os delitos de corrupción introducindo o debate sobre a modificación do código penal neste ámbito impedindo a concesión de indultos para aquelas persoas condenadas “ por corrupción”.

Finalmente, Pontón reclamou medidas de transparencia no funcionamento municipal e crear unha comisión de cidadáns para expresarse con liberdade no Parlamento galego ademais dunha reforma electoral para mellorar a “proporcionalidade” do actual sistema e unha nova lei de consultas populares e financiamento dos partido políticos.

O PP non presentou ningunha medida para previr a corrupción

A nacionalista Tereixa Paz explicou que o BNG decidiu non presentar membros á ponencia contra a corrupción por considerar que a comisión de estudo foi “pechada en falso”. Nós, sempre puxemos como condición para participar que a comisión “fora útil” e a negativa persistente do PP a que comparecera o presidente da Xunta converteu a comisión en “deficitaria” para tirar conclusións resolutivas do comportamento da Xunta nesta materia.

Tereixa Paz

O grupo do BNG, recalcou, ante as permanentes insidias do grupo popular vémonos na obriga de darlle a volta e de aí que presentemos unha proposta de ditame á ponencia para trasladarlle, novamente, ao grupo popular e ao presidente da Xunta, un paquete de propostas de resolución para atallar a corrupción e “poñer fin a dous anos de desinterese e desidia” do Partido popular que mesmo mantén como presidente da mesa da comisión a unha persoa que xa non é deputado.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG