Mato responde ao BNG que non mediará no conflicto das subcontratas de Telefónica

A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou unha pregunta sobre as actuacións do Goberno galego para resolver as precarias condicións laborais do colectivo de traballadores das subcontratas de telecomunicacións

Pleno.- A deputada do BNG,Montse Prado asegurou que preto mil traballadores e traballadoras de subcontratas de telefónica, Moviestar permanecen en folga dende o pasado día 14 para esixir que se cumpran os convenios do sector, a subcontratación en cadea, a subrogación de traballadores entre empresas concesionarias do servizos e que se garanta a saúde laboral e prevención de riscos. “Quince días en folga para que rematen as abusivas condicións de traballo que Telefónica ten a intención de empeorar co novo baremo ás contratas”,denunciou.

O BNG pide a Mato unha xuntanza cos traballadores

A parlamentaria transmitiu á conselleira de Traballo a reclamación dos traballadores para que “se involucre” ante a continúa agresión aos seus dereitos laborais, con salarios a baixa e por puntos impulsado por telefónica. A cada actividade, explicou, asígnalle uns puntos que deben chegar a unha cantidade suficiente para que a final de mes os obxectivos marcados pola empresa se correspondan e de non ser así, “son penalizados”.

Traballadores, dixo, con desprazamentos continuos, con xornadas de 12 horas diarias mesmo en fin de semana que comproban como cada nova subcontrata queda con parte do seu traballo e para obter beneficios, “se a primeira contrata paga 7 puntos por unha avaría a seguinte contrata paga 5 polo mesmo traballo”. Traballadores que son despedidos para seren contratados despois como “falsos autónomos”, e que no mellor dos casos cobran 1.100 euros na primeira contrata e 800 ou 600 euros dos que deben deducir sancións que chegan aos 150 euros, “cobran o salario por debaixo do legal establecido e pagan o combustible e o xantar”.

A Conselleira afirma non ter competencias no asunto

Pola súa parte, a conselleira respondeu que “ non pode mediar porque carece de recursos legais” e un incumprimento da lexislación laboral pode ser denunciado “incluso anonimamente” ante a Inspección de traballo.

Esta consellería, afirmou, esta disposta a mediar en todas as mesas nas que sexa demandada a súa presenza pola empresa e traballadores , “por que a mediación é entre dous” pero esta é unha competencia na que a Comunidade Autónoma “non ten nada que dicir porque hai unha mesa aberta no Estado.

A deputada respondeu que a actitude da consellería é “botar balóns fora” cando afirma que non pode mediar ante incumprimentos legais. Vostede ten recursos para actuar como representante do Goberno de Galiza pero prefire ser a “delegada das empresas”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG