O BNG cualifica de "Operación Lifting" do PP a reforma do Consello de Contas

O portavoz do BNG, Francisco Jorquera criticou “a falta de transparencia” e dialogo coa oposición e traballadores/as do organismoDSC_0670

 Pleno.- o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera asegurou que existían dúas vías para reformar o Consello de Contas, “que o Goberno remitira un proxecto de Lei ao Parlamento promovendo a creación dunha ponencia coa participación de todos os grupos e , por outra banda, escoitando a todos os axentes implicados no propio órgano”, pero non, vostedes, presentan unha Proposición para reforzar “presuntamente” o Consello de Contas.

Propoñen, engadiu, ampliar o seu ámbito de competencias, mesmo introducindo mecanismos para iniciar procedementos de fiscalización a través de denuncias remitidas por cidadáns ou asociacións, pero a súa proposta “é fume” porque non incorpora medidas reais, recursos e medios nin asegura a autonomía e independencia do Consello de Contas no seu labor.

O Consello non cumpre a lei

O parlamentario lembrou que segue sen producirse a renovación do órgano e o Goberno galego segue incumprindo as propias recomendacións do Consello, ademais, incidiu na necesidade de dotar o consello de competencias en materia de prevención de corrupción pero advertiu que a Proposición de lei do Partido popular “é propaganda” e non aborda eses recursos e competencias. Nese sentido, preguntou se o consello será capaz de fiscalizar a “evolución do patrimonio dos altos cargos, asesorar ao Parlamento en materia económica-fianceira ou fiscalizar a financiación dos partidos”.Interior 2

Por outra parte, criticou que o Consello de Contas sexa convertido no “retiro dourado” de exsecretarios xerais do Partido popular mentres mantén dende hai 20 anos na “interinidade” aos seus profesionais. Para o deputado, a precariedade laboral e falta de estabilidade, resulta “incompatíbel coa independencia”.

O nacionalista asegurou que a proposta do PP para reformar o Consello forma parte da “operación de lifting” anunciada por Feijóo para encubrir “a súa inacción contra a corrupción”. Esta proposta, remarcou, só busca un golpe de efecto, un titular nos xornais

A loita contra a corrupción combátese coa práctica

Vostedes, dixo, seguen mirando para outro lado ante o financiamento “irregular” do seu partido e ante as múltiples tramas de corrupción que salpican ao PP. Unha lista, engadiu, interminable de imputados en Galiza, moitos deles candidatos ás vindeiras eleccións municipais, e con este panorama pretenden “outra manobra de distración e sementar cortinas de fume”.

O parlamentario anunciou o voto en contra do grupo parlamentario do BNG á reforma do Consello de Contas proposta polo Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG