Jorquera acusa a Feijóo de exercer de delegado das multinacionais

Francisco Jorquera

O portavoz do BNG preguntará o presidente da Xunta se os problemas de Galiza teñen como solución que ENCE sega contaminando a ría de Pontevedra

Comparecencia de Francisco Jorquera tras a Xunta de portavoces

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera formulará na vindeira sesión plenaria unha pregunta ao Presidente da Xunta sobre se considera que a solución aos problemas de Galiza está en que ENCE continúe contaminando a ría de Pontevedra.

O parlamentario anunciou a súa pregunta a Feijóo na comparecencia tras a Xunta de Portavoces na que unha vez máis tamén foi vetada unha proposta do BNG para a transferencia da AP-9 a Galiza.

O BNG presentará recurso ante o Tribunal Constitucional

Na súa comparecencia, o portavoz parlamentario tamén anunciou que nos vindeiros días o BNG presentará un recurso ante o Tribunal Constitucional ante o recorte de dereitos parlamentarios iniciado polo Partido popular e que se traduce nunha importante diminución de preguntas ao presidente e iniciativas así como o veto do PP a propostas de lei presentadas polo grupo nacionalista.

Feijóo exerce de delegado de ENCE

Jorquera lembrou que na ultima sesión de control a Feijóo, o presidente afirmou que “ningunha das causas da situación económica de Galiza depende do seu Goberno”, reposta, tras a que, en opinión do nacionalista só cabe preguntar para que serve o Goberno galego se non é responsábel e “escorre o vulto” para xustificar a súa “incompetencia”.DSC_1340

Neste sentido, o deputado acusou a titular da Xunta de aceptar reformas legais que significaron a “sentenza de morte para as renovábeis”, opúxose a unha Tarifa eléctrica galega que compense a Galiza polos danos sociais e ambientais da produción eléctrica, así como a dramática situación dos estaleiros de Ferrol dentro do grupo Navantia... pero Feijóo dixo, “prefire seguir sendo o delegado de Rajoy e das multinacionais en Galiza”.

Feijóo defende que ENCE sega contaminando a Ría de Pontevedra

Sobre esta cuestión, o parlamentario asegurou que para o presidente do Goberno galego a solución a situación económica galega pasa porque “ENCE sega contaminando a ría” e deberá explicar porque non ten palabra aludindo ao que Feijóo defendía no ano 2009 no seu programa: “ O PP ten claro as súas prioridades, queremos recuperar para o disfrute dos cidadáns e para a recuperación ambiental a fachada marítima da marxe esquerda da Ría e comprometémonos ao traslado de ENCE dentro da comarca de Pontevedra para manter o emprego e a riqueza”.

O PP incumpre as súas promesas electorais

No ano 2012, abondou, Jorquera, o programa das autonómicas do PPdeG tamén apostaba polo abandono do emprazamento de ENCE pero agora, todo indica que Feijóo aposta por un modelo que destrúe máis postos de traballo dos que crea, un modelo “depredador” do territorio, dos recursos naturais e públicos e sobre todo, incompatíbel co desenvolvemento sostíbel.DSC_1335

Se Feijóo está tan preocupado polo sector forestal, tería que preguntarse como é posíbel que produzamos o 50% da madeira do Estado e a maioría dos mobles sexan de importación, en vez de “actuar como delegado de ENCE en Galiza”, cuestionou o deputado.

Iniciativas do BNG para a vindeira sesión plenaria

Noutra orde de cousas, Jorquera avanzou que á iniciativa do BNG serán debatidas entre outras cuestións: unha moción sobre o Borrador do Paquete lácteo, a dotación dunha ambulancia medicalizada durante as 24 horas para a comarca do Salnés, a declaración do ano 2016 como ano das Irmandades da Fala cun programa par divulgar o seu labor, a tributación das pensións de emigrantes retornados, a situación das subcontratas de Telefónica e a posición do Goberno sobre a modificación do horario no CPI de Dices (Rois) co fin de cubrir a legalidade e facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG